Search
Close this search box.

O Goberno reduce en catro as dedicacións exclusivas, e amplía a tres ás da oposición

O Goberno de Pontevedra acaba de presentar aos grupos municipais da oposición a súa proposta de organización da Corporación coa que considera o máis acaído e xusto para un bo funcionamento do Concello nos vindeiros catro anos. Esta proposta está sendo estudada polos grupos municipais, e levarase a pleno o vindeiro xoves para ser debatida dado que o propósito do Goberno é que poida ser aprobada coa maior consenso posible.

A proposta de organización da Corporación que presentou o Goberno Local foi:

  • Comisións informativas
    • Proponse a constitución das seguintes Comisións Informativas do Pleno coas súas correspondentes competencias:
      • Comisión de Réxime Interior, Persoal e Xurídica: Réxime Interior, Persoal, Matadoiro, Mercados, Venda ambulante, Defensa Xurídica.
      • Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente: Ordenación do Territorio, Planeamento, Xestión e disciplina Urbanística e Medio Ambiental, Licenzas, Patrimonio Histórico.
      • Comisión Benestar social, cultura e dinamización sociocultural
      • Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos:
      • Comisión de Economía, Facenda, Contratación, Promoción económica e Turismo.
    • As comisións 2 e 4 celebrarán as súas sesións ordinarias os martes alternos ás 11 horas.
    • As comisións 1 e 5 celebrarán as súas sesións ordinarias os mércores cada quince dias unha as  12 e outra 13 horas.
    • A comisión 3 celebrará as súas sesións ordinarias os xoves alternos ás 11 horas.
    • A Comisión de Economía exercerá as funcións da Comisión Especial de Contas.
    • Cada unha das Comisións Informativas do Pleno do Concello de Pontevedra estarán formadas por 9 membros coa seguinte composición:
      • 4 concelleiros/as do Grupo Municipal do BNG
      • 2 Concelleiros/as do Grupo Municipal do PP
      • 1 Concelleiro/a do Grupo Municipal do PSOE
      • 1 Concelleiro/a do Grupo Municipal de Marea Pontevedra.
      • 1 Concelleira do Grupo Mixto (Ciudadanos).

 

  • Sesións plenarias
    •   O Pleno celebrará sesión ordinaria con periodicidade mensual, fixándose o terceiro luns de cada mes, ás 12 horas como data.
    • Os Plenos de agosto e decembro poderán non celebrarse con carácter ordinario por acordo da Xunta de Portavoces.

 

  • Asignación aos grupos políticos para o desenvolvemento dos seus labores
    • Asignaselle a cada Grupo Político unha cantidade para os seus gastos de funcionamento e para as finalidades fixadas pola lexislación.
    • Esta asignación terá unha parte fixa e unha variabel coas seguintes contías
    • Fixa: 2.500 €/mes para cada Grupo.
    • Variábel: 260 €/mes por cada membro do Grupo Municipal

 

  • Indemnización por asistencia a órganos colexiados
    • Pleno: 250 €
    • Xunta de Goberno: 110
    • Presidencia Comisión Informativa: 110
    • Comisión Informativa: 90
    • Pazo: 60
    • IMD: 60.

 

  • Membros da Corporación que poden desenvolver os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva.
    • Criterio Xeral: Todos os Grupos Políticos poderán ter en réxime de adicación exclusiva a 1 dos seus membros por cada 4 membros do Grupo Político ou resto de 3.
    • Os membros do Goberno poderán desempeñar todos as súas funcións en réxime de adicación exclusiva.
    • A suma dos dous apartados anteriores non poderá superar, en ningún caso, o máximo legal, nestes intres fixado en 15.
    • Para acollerse ao réxime de adicación exclusiva dentro das condicións anteriores, chegará con escrito do portavoz do Grupo, ou do Alcalde no caso do goberno, e coa existencia de consignación na partida orzamentaria correspondente.
    • Este criterio xeral, nas condicións actuais derivadas da composición da Corporación e da vontade manifestada polos membros do goberno quedaría concretado no seguinte:
      • Grupo Municipal do BNG: 8 exclusivas, incluídas a do alcalde e 1ª Tte Alcalde.
      • Grupo Municipal do PP: 2 exclusivas.
      • Grupo Municipal do PSOE: 1 exclusiva.
    • As contías serán as mesmas que as fixadas nas bases da execución do orzamento e demais acordos en vigor até o día 13 de xuño de 2015.

 

  • Persoal eventual ao servizo dos grupos da Corporación
    • Mantense a praza de persoal eventual de coordinación da Alcaldía, ao igual que as de protocolo e prensa.
    • Asígnanse a cada Grupo Político con mais de 6 membros un auxiliar a cada un coas mesmas retribucións e as mesmas condicións que até agora.

 

  • Altos cargos ao servizo da administración
    • Dirección Xeral de Asuntos da Alcaldía, Ordenación do Territorio e Urbanismo
    • Dirección Xeral de Deportes.
    • Dirección Xeral de Xestión da Mobilidade e Protección Cidadá
    • Dirección Xeral de Ordenación da Mobilidade, Obras e Servizos.
    • Dirección Xeral de Servizos, Sostemento de espazos públicos e Disciplina Ambiental.

Compartir publicación: