CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS
Bases reguladoras das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal 2013-2016
(Orde do 9 de marzo de 2015_ DOG núm. 63 do 06/04/2015)
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial que conten co IAE antes de que finalice o ano 2016.
COBERTURA
Parte dos gastos dos honorarios profesionales derivados da emisión do IAE.
CONTÍA DAS AXUDAS
O custo subvencionable máximo será de 20 € por cada unha das vivendas de que conste o edificio e unha cantidade máxima de 20 € por cada 100 m2 de superficie útil de local, sen que en ningún caso poida superarse a cantidade de 500 €, nin o 50% do custo do IAE, sen o IVE.
SOLICITUDES. LUGAR, PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN
- Lugar: vía electrónica https://sede.xunta.es/localizacion-de-procedementos, soporte papel ou calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, utilizando o modelo normalizado (Anexo I) e dirixidas á Dirección Xeral do IGVS.
- Prazo: 4 meses contados a partir do 6 de abril. As solicitudes presentadas que queden sen cobertura orzamentaria serán obxecto de denegación, sen prexuízo de que poidan presentalas novamente, de ser o caso, na seguinte convocatoria.
Documentación: xunto coa solicitude deberase presentar,
- NIF ou CIF da comunidade de propietarios ou da agrupación de comunidades de propietarios. De ser persoa física propietaria única do edificio, DNI ou NIE.
- Acta de constitución da comunidade de propietarios
- Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a da CP en que se recolla o acordo de solicitar estas axudas e o nomeamento da persoa que represente á comunidade na tramitación do expediente no modelo (Anexo II)
- De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe no nome do/a propietario/a único/a
- Informe de avaliación do edificio, cuberto e subscrito por técnico competente
- Factura dos honorarios (co IVE incluído), orixinal ou copia compulsada.
- Trasferencias, certificacións ou extractos bancarios que acrediten o pagamento do informe