O Centro de Información á Muller (CIM) remata este sábado, 21 de marzo, o prazo para inscribirse nos cursos de ioga, iniciación ao teatro e socialmedia. As persoas interesadas aínda poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Ademais, aínda quedan prazas libres para inscribirse no curso de Defensa persoal feminina, que se fará en dúas quendas: unha de mañá e outra de tarde. A quenda de mañá comeza este luns, 23 de marzo.
Estes cursos enmárcanse dentro do III Plan Municipal de Igualdade.
|
DEFENSA PERSOAL FEMININA
(EN HORARIO DE MAÑÁ) |
14 |
MULLERES |
13 SESIÓNS |
23/03 – 29/04 |
23, 25, 27 DE MARZO, E 13, 15, 17, 20, 22, 24, 27 E 29 DE ABRIL |
09:30 H. A 11:00 H. |
DE BALDE |
PAVILLÓN DOS DEPORTES (SALA TATAMI) |
|
DEFENSA PERSOAL FEMININA
(EN HORARIO DE TARDE) |
14 |
MULLERES |
13 SESIÓNS |
13/04 – 15/05 |
13, 14, 15, 27, 28, 29, 30 DE ABRIL, E
11, 12, 13 ,14 E 15 DE MAIO |
16:30 H. A 18:00 H. |
DE BALDE |
PAVILLÓN DOS DEPORTES (SALA TATAMI) |
Na solicitude, as persoas interesadas deberán achegar fotocopia do DNI en vigor, volante de empadronamento actualizado e declaración xurada na que conste o número e nome dos cursos anteriores que o solicitante fixera co CIM. Para o curso de Defensa persoal feminina deberá achegarse declaración xurada de non padecer afeccións de columna vertebral.
Máis información en: Cursos do CIM 2015