O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o director xeral do banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda Moreno asinaron esta mañá a operación de préstemo municipal que gañou o Sabadell Gallego no concurso público ao achegar as melloras ofertas.
A operación de préstemo é de 2.950.000 euros, e ten un interese de euribor máis un 1,52%, cun interese de saída de 1,729%. O fin do prazo da operación é o ano 2026.
Á finalidade á que vai destinada esta operación de crédito é:
- Obras no rural: iluminación pública: 100.000 euros
- Mellora da accesibilidade no rural: 600.000 euros
- Mellora da accesibilidade urbana: 300.000 euros
- Alumeado público: casco urbán: 150.000 euros
- Rehabilitación integral de rúas: 450.000 euros
- Edificios e outras construccións: 300.000 euros
- Convenio de Acuaes: 750.000 euros
- Casas de cultura: 300.000 euros.