Con motivo do Día Internacional dos Museos 2014, que se celebra arredor do domingo 18 de maio, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) organiza unhas xornadas de portas abertas, ás que están convidadas os centros escolares e asociacións.
O obxectivo destas xornadas é poñer de relevo a dimensión social destes espazos, como lugares de memoria, de transmisión de coñecementos, de educación, de encontro e de desevolvemento colectivo.
As persoas interesadas en coñecer o CITA poderán facelo de balde o domingo 18 de maio en horario de mañá e tarde. É preciso inscribirse previamente no teléfono 986 090 677
O programa destas xornadas de portas abertas inclúe as seguintes actividades:
• CITA NA RÚA Os días 15 e 16 de maio algunha das pezas expostas no CITA sacarase á rúa para saír ao encontro do público e chamar a atención sobre o espazo arquelóxico.
• CITA ESCOLA Os centros educativos da contorna poderán visitar o CITA, de maneira gratuíta, o venres 16 de maio. As visitas serán en horario de mañá e para participar é necesario concertar a visita chamando ao teléfono 986 090 677
• CITA COLECTIVOS As asociacións veciñais, culturais, ANPAS, asociacións e centros de terceira idade… podrán visitar de forma gratuíta o CITA os días 16 e 17 de maio. Para participar é preciso concertar a visita chamando ao teléfono 986 090 677
• CITA NOCTURNA O CITA organiza visitas guiadas nocturnas ás Torres Arcebispais, muralla medieval e espazo arqueolóxico de Santa María. As visitas terán lugar o sábado 17 de maio a partir das 22 horas. É necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono 986 090 677
O CITA conmemora o Día Internacional dos Museos
- Novas
Compartir publicación: