Search
Close this search box.

Contrato para a inspección do IAE e das empresas monopolistas

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente de contratación, por valor de 60.000 euros, para a inspección do IAE e das empresas monopolistas (electricidade, gas e telefonía) que teñen que pagar o 1,5% da súa facturación no concello ás arcas municipais.

A Concellaría de Economía e Facenda iniciou unha inspección destas empresas que se saldará cunha recadación duns 500.000 euros, pero segundo as estimacións do concelleiro Raimundo González a expectativa para 2014 é de 750.000 euros. 

Na actualidade, o Concello recada 1,7 millóns do IAE e 1,2 millóns das empresas monopolistas.

Compartir publicación: