Os veciños de Ponte Muíños coñecen o proxecto de reforma do Local Social

A reformación do centro cívico de Ponte Muíños foi o principal punto da reunión que onte mantivo o concelleiro delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez cos veciños do barrio de Ponte Muíños. A rehabilitación do centro cívico é unha demanda tratada o Consello parroquial e consensuada nos detalles coa asociación do barrio.
Trátase dun edificio moi vello que data da época da construcción do poboado por parte de Ence. Foi reformado parcialmente no exterior en diversas ocasións, pero agora abordarase a renovación completa do interior por un valor de 20.000 euros. Está previsto a instalación de novos sanitarios, renovación da carpintería exterior da fachada sur e leste, redistribución interior coa construcción de tabiques creando novos espacios e mellorando a circulación interior no edificio.
Este proxecto será presentado no próximo Consello parroquial de Lourizán. Neste caso, o Concello decidiu manter previamente unha reunión cos veciños de Ponte Muíños pola entidade que ten o barrio dentro do municipio.
Na reunión tamén se abordaron diversos asuntos sobre o barrio como a correción de pequenas deficiencias na rúa, posibilidade de mellorar a oferta de lecer…
Cabe lembrar que o Concello e as asociacións de veciños valoran positivamente todo o traballo conxunto que se está a desenvolver.

Compartir publicación: