Reunión co secretario xeral de Infraestruturas de Fomento

O alcalde mantivo esta mañá unha conversa co Secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño para confirmarlle que mañá, 11 de outubro, ás 12.00 horas manterá unha reunión co Concello e as contratas das obras do Tren de Alta Velocidade que traballan no concello de Pontevedra para abordar a problemática xurdida nos últimos meses.

César Mosquera, que asistirá a ese encontro, explicou esta mañá que "non é gusto de ninguén ter que recurrir a este tipo de medidas e agardamos que esto se resolva". "É de agradecer que se atenda á máis alta instancia, e que haxa unha vía clara e urxente", afirmaba o concelleiro de infraestruturas.

Compartir publicación: