Bo ritmo na execución das obras de Benito Corbal e o luns comeza a colocación do lastro

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará visitou esta mañá os traballos de peonalización da rúa Benito Corbal e comprobou que van a bo ritmo.
Logo de manter unha reunión cos responsables da empresa a pé de obra, adiantou que hoxe rematan a parte de formigón pulido do primeiro tramo das obras e o luns comeza a colocación do lastro neste ámbito.
Tamén comprobou que non hai problemas cos accesos á rúa por parte dos servizos e dos residentes, e paulatinamente fóronse resolvendo as escasas incidencias que se rexistraron nos primeiros días nas rúas Castelao e Cruz Gallástegui.
Ademais está tendo un bo funcionamento as zonas de parada de taxis e servizos na rúa Daniel de la Sota, e tamén o estacionamento de motos que foi trasladado á rúa Cobián Roffignac.

Compartir publicación: