Search
Close this search box.

Máis de medio millón na inspección do IAE nas empresas locais

A Concellaría de Facenda iniciou hai case un ano un proceso de inspección tributaria do IAE (nas empresas que tributan máis de un millón de euros) que comeza a dar os seus froitos. Segundo desvelou esta mañá o concelleiro de Facenda, Raimundo González o Concello ingresará 573.575,49 euros polas inspeccións feitas e conformadas até o momento, e da que quedan fora aqueles sectores máis afectados polo crise.

Na actualidade o Concello recada sobre 1,7 millóns de euros polo IAE, polo que este incremento suporá entre o 30 ou 40% do recadado nun ano; aínda que a consolidación anual por estas inspeccións será duns 90.000 euros/ano máis.

Segundo os datos da Concellaría, o Concello emite cada ano arredor de 1.000 recibos pola tributación do IAE.

Compartir publicación: