A empresa que executa as obras do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso pola cidade pechará o vindeiro luns, 13 de agosto, o paso peonil aberto sobre a ponte do tren na rúa de Santa Margarida, segundo informou esta semana ao Concello. Os peóns deberán empregar o barrio da Seca para poder pasar dun lado a outro nesta parte da cidade.
O Concello autorizou este peche dado que a empresa considera imprescindible eliminar o tránsito total na zona para exeucutar a obra no prazo esixido polo Concello (o inicio do curso escolar). Nembargantes dende o Concello lémbrase que o Ministerio de Fomento imcumpriu sistematicamente todos os acordos que se alcanzaron ao respecto de prazos de execución das obras do AVE ao seu paso pola cidade, polo que estará especialmente vixiante no seguimento das obras.
Cabe lembrar que o Concello acordara xunto co Ministerio rematar os traballos da plataforma da Seca, e a continuación facer o peche de Santa Margarida. Agora volve a incumprir o acordo acadado e esixido polo Concello de habilitar sempre un paso peonil por Santa Margarida. Ante esta situación, o Concello fará un seguimento dos traballos para que rematen na maior brevidade de tal xeito que afecte o menos posible aos cidadáns, aos conductores, e especialmente, aos veciños do barrio.