A Concellaría de Medio Ambiente e Parques rematou nesta semana os traballos de saneamento dos parques infantís de area do concello. Foron dez áreas infantís en toda a parroquia (entre os parques da cidade e do rural) as que se someteron a unha profunda limpeza para afrontar en condicións óptimas a primavera e o verán, estacións nas que os parques infantís teñen máis usuarios.
Os traballos consistiron na retirada da area anterior, limpeza en profundidade de todo o ámbito, e reposición de area nova, lavada e de calidade.
Este foi o procedemento que se empregou no areneiro de Barcelos, no parque da Seta en Campolongo, en Mollavao, en San Blas, na Illa do Cobo, e nos parques do rural.
A Concellaría realiza limpezas habituais destes areneiros durante todo o ano.