Os zafarranchos de limpeza continúan na Parda polas rúas As Devesas, Os Soutos e Os Montes

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza no barrio da Parda. Este xoves trasladarase ás rúas As Devesas, Soutos, Montes.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello

Compartir publicación: