Curso de lingua galega

TERZA FEIRA 05 DE MAIO DE 2020 NÓS D IARIO curso de lingua 17 *Convinte, *Plantexar e *Aportar Era ben que tomásedes apuntamentos CASTELANISMOS III APUNTAMENTOS O ROCHO DAS IDEAS Para comezar, non é *convinte *plantexar así as cousas, sen *aportar máis información. Mais talvez sexa conveniente formular as cousas fornecendo información precisa para as entendermos: *Convinte, *plantexar e *aportar son talvez tres dos erros máis habituais na comunicación pública na nosa lingua en calquera ámbito, quer no político e xornalístico quer no científico ou docente. En todos os casos, consecuencia da interferencia do español. *Convinte , a pesar da aparencia de forma galega, é un termo incorrecto que resulta da busca desnecesaria da diferenza co español e está construído a semellanza de palabras como seguinte ou contribuínte. É o que chamamos hipergaleguismo ou hiperenxebrismo . Como linguas romances, galego­ portugués e español teñen léxico en común, como tamén o temos con outras derivadas do latín como o catalán ou o italiano, por pór outros casos. A forma correcta é conveniente , como tamén interveniente (non * intervinte ), nutriente (non * nutrinte ), proveniente (non * provinte ), saliente e sobresaliente (aínda que tamén saínte -'que sae', 'que vai acabar', ex. ano saínte- e sobresaínte ). Acaban tamén en iente: ambiente, expediente, consciente, deficiente, desobediente, eficiente... —Porén, finalizan en -inte: seguinte, contribuínte, saínte... —E aínda, terminan en -ente: tenente, servente, relucente, maledicente, fervente, conducente, vivente, sobrevivente, pendente, atraente, batente, adherente, dormente... Evitemos, por tanto, hiperenxebrismos como *relucinte, *vivinte, *atraínte ou *conducinte. Algúns exemplos: — Non me gustan contos clásicos como A bela dormente por reproduciren estereotipos sexistas e non Non me gustan contos clásicos como A bela *durminte por reproduciren estereotipos sexistas. — Infelizmente, nese accidente de avión non houbo sobreviventes e non Infelizmente, nese accidente de avión non houbo *sobrevivintes. *Plantexar ou *prantexar son castelanismos moi habituais tomados do termo español plantear . Digamos formular, expor, propor, enunciar , mesmo colocar (por exemplo: No debate colocou unha cuestión interesante . ou No debate formulou unha cuestión interesante e non *No debate plantexou unha cuestión interesante). —Non estou de acordo con iso que *plantexas. Non estou de acordo con iso que propós . —Plantexou unha tese moi atraente aínda que discutíbel. Expuxo unha tese moi atraente aínda que discutíbel. —Plantexou a súa proposta e ninguén a apoiou. Enunciou a súa proposta e ninguén a apoiou. *Aportar é tamén castelanismo, infelizmente moi frecuente no uso que habitualmente se lle dá. Porque aportar é palabra correcta en galego, mais apenas co significado de 'chegar a porto' e, por extensión a algún outro lugar (*). Utilicemos contribuír, fornecer, achegar, facilitar, proporcionar, subministrar... dependendo dos casos. Algúns exemplos: — Contribuíu con 100 euros para a festa e non *Aportou 100 euros para a festa. — A testemuña facilitou datos fundamentais para o caso e non A testemuña *aportou datos fundamentais para o caso. — Achegamos os materiais entre todas e non *Aportamos os materiais entre todas. — Forneceu información moi útil e non *Aportou información moi útil. É tamén incorrecto, por tanto, o termo * aportación . En seu lugar usemos contribución, achega... (ex. realizou unha salientábel contribución para a normalización da lingua ) (*) NOTA: O dicionario da RAG, incorpora a entrada aportar , aínda que como 'forma menos recomendábel' e remite para a 'máis recomendábel' achegar . O sufixo -mento, aplicado a verbos, adáptase dependendo da conxugación verbal: -ar, -amento; -er, -emento; -ir, -imento: Agrupar agrupamento Abater abatemento Seguir seguimento Ten en conta que, nalgúns casos, é obrigado o termo derivado con -mento e noutros debe ser preferido ao derivado regresivo, hoxe moi presente na lingua pola interferencia do español: Apuntar apuntamento Pagar pagamento Cobrar cobramento Cesar cesamento Fechar fechamento Cerrar cerramento Despedir despedimento Cruzar cruzamento Pedir pedimento (tamén, segundo os casos, petición, pedido) NOTA: O portugués só rexistra dúas formas derivadas: -ar > -amento (apontamento) e er, -ir > -imento (movimento, seguimento). Talvez por hipercorrección fronte a usos deste tipo presentes entre nós, vemos ás veces solucións do tipo *seguemento ou *sentemento , que debemos evitar. —Realicei o *seguemento desta alumna ao longo do curso e fiquei sorprendida do moito que progresou. —Realicei o seguimento desta alumna ao longo do curso e fiquei sorprendida do moito que progresou. Os castelanismos están presentes en todos os ámbitos da nosa vida (veremos máis na unidade 5). Deixamos a seguir unha pequena reflexión sobre isto: Este vídeo está accesíbel en Youtube. Podes velo no teu telefone a través do seguinte código QR

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=