Curso de lingua galega

16 curso de lingua TERZA FEIRA 05 DE MAIO DE 2020 NÓS D IARIO Castelanismos habituais *Bueno, calade que *vamos a comezar Expresións frecuentes O "a" e o seu uso O plural *Pizarra, lousa e encerado CASTELANISMOS I CASTELANISMOS II Vexamos algúns castelanismos léxicos habituais: *Asignatura Materia *Examen Exame *Libreta Caderno *Tiza Xiz *Lapiz Lapis *Estuche Estoxo *Apuntes Apuntamentos *Silla Cadeira *Ventana Xanela *Pasillo Corredor *Pizarra Encerado, lousa (*) *Pizarra dixital Encerado dixital *Fecha Data *Corcho Cortiza (material) taboleiro (cadro de cortiza) *Dictar Ditar *Soler Acostumar, adoitar *Correxir Corrixir *Bueno , a pesar de ser moi evidente que non é palabra galega, é infelizmente aínda de uso frecuente como marcador discursivo na lingua oral. Evitemos a súa utilización e, en seu lugar, empreguemos ben, vaia, vaites , e logo ou mesmo bon (non recoñecido polo VOLG (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega). *Bueno, como vai iso? E logo , como vai iso? *Bueno, de modo que non sabes a resposta! Vaia , de modo que non sabes a resposta! *Bueno, calade que *vamos a comenzar Ben , calade que imos comezar Evitemos, por tanto, expresións infelizmente moi frecuentes: — Para a miña *asignatura tendes que traer *libreta e *lapiz Para a miña materia tendes que traer caderno e lapis —Colle a *tiza e escribe na *pizarra o que vou *dictar Colle o xiz e escribe no encerado o que vou ditar —Por favor, non fagades barullo no *pasillo nin vos debrucedes na *ventana Por favor, non fagades barullo no corredor nin vos debrucedes na xanela —Colocade ben mesas e *sillas para facer o *examen Colocade ben mesas e cadeiras para facerdes o exame —Andades *a voltas coa *fecha do exame; cando a decidades colocádea no *corcho da clase Andades ás voltas coa data do exame; cando a decidirdes colocádea no taboleiro da aula —*Vamos *a *comenzar as clases de ciencias *naturales Imos comezar as aulas de ciencias naturais —Debedes tomar *apuntes pero eu non *solo *dictar Debedes tomar apuntamentos mais eu non acostumo a ditar —Vamos a *correxir os exercicios. Espero que non teñades moitos *errores. Imos corrixir os exercicios. Espero que non teñades moitos erros . Notemos que a secuencia ir + infinitivo non leva a preposición a : *vamos a ver > imos ver Reparemos tamén na conxugación do verbo ir (imos), aínda que o imperativo é vamos. *comenzar > comezar Do mesmo modo, evitemos os castelanismos en expresións habituais: *a veces ás veces *a voltas ás voltas *a parte á parte *a prisa ás présas *despacio devagar, amodo *a menudo a miúdo *según segundo E, de paso, estoutros hipergaleguismos: *a pesares a pesar *a partires a partir A formación do plural de palabras agudas acabadas en -l no singular resulta frecuentemente interferida polo español, dando lugar a castelanismos como: —*naturales, *sociales, *experimentales, *animales, *reales, *virtuales , *artificiales, *dixitales... Lembremos que as palabras agudas que finalizan en -l realizan o plural en -is : —natural > naturais , social > sociais , artificial > artificiais , dixital > dixitais Prestemos, por tanto, atención a usarmos correctamente estas palabras e evitarmos os castelanismos. O termo español pizarra fai referencia en orixe ao material pétreo de que estaba feito o cadro para escribir dentro da aula. Ese material en galego denomínase lousa . De feito esta é a palabra que se utilizaba nalgunhas zonas do noso país e tamén o termo de uso común no Brasil e sería, por tanto, adecuado utilizármolo. O termo encerado parte do uso de materiais particularmente madeira aos que se aplicaba cera para facilitar a escrita. Como encerado é palabra correcta en galego, tamén é adecuado utilizala en lugar de *pizarra . En Portugal a denominación usual é quadro preto ou quadro negro , mais cando pasou a ser de novos materiais de cor branca tamén o nome foi adaptado: quadro branco. Os novos soportes dixitais que substitúen ou complementan o encerado tradicional herdan o nome orixinario. En español, pizarra digital; no Brasil, lousa digital ; en Portugal, quadro interativo ou quadro digital . Por tanto, para alén da máis común encerado teríamos tamén a posibilidade de utilizar cadro negro , cadro preto, cadro branco ou simplemente cadro e aínda lousa , todos eles termos correctos na nosa lingua. Para o soporte dixital, encerado dixital, lousa dixital, cadro dixital ou cadro interactivo . En calquera caso os que deben ser evitados por castelanismos son *pizarra e *pizarra dixital.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=