Curso de lingua galega

18 curso de lingua SÁBADO 23 DE MAIO DE 2020 NÓS DIARIO PARA FINALIZARMOS CURIOSIDADES CON BUGALLOS Andar coa mosca detrás da orella A súa orixe provén do uso dos mosquetóns que tiñan un mecanismo de disparo sobre o que se aplicaba unha mecha. Esta mecha, tamén chamada MOSCA, descansaba na orella do mosqueteiro permitíndolle ter as dúas mans libres e estar pendente de realizar un novo disparo. Ese estado de alerta deu orixe á expresión que chegou aos nosos días. Ir a lume de biqueira Faíscas que produziam as ferragens que reforçavam a ponta do antigo calçado rural ao baterem contra as pedras do caminho. Dicionário electrónico Estraviz. Non estar o alcacén para gaitas Alcacén: 1.Alcacer, cebada, centeo ou avea que se sega en verde para forraxe. 4. Cun anaco pequeno da palla do alcacén aínda verde, os rapaces aldeáns de Galicia teñen costume de facer unhas gaitas moi sinxelas, dándolles un corte oblicuo, para que formen como unha lingüeta ou palleta que fan vibrar. 6. Non sempre está o alcacén para gaitas, expresa que non está un sempre para bromas ou para perder o tempo, e denota ademais que hai que esperar a oportunidade para algunhas empresas ou cosas, equivalendo ás frases castelás: No está el horno para bollos, o no está la Magdalena para tafetanes. —Consulta Eladio Rodríguez González (1958-1961): Dicionario enciclopédico galego-castelán, Galaxia, Vigo no seguinte código QR Ser un vira chaquetas Na época da reforma levada a cabo por Lutero no século XVI, os partidarios de cada tendencia, para distinguirse dos demais, utilizaban unha cor nas súas chaquetas, de tal xeito que con só ver a súa cor xa se lles asociaba cunha crenza. Porén eran prendas que poderiamos denominar "reversíbeis" e podíase facilmente darlles a volta. Así algunhas persoas, cando non quería mostrar a súa afiliación, daban a volta a estas prendas mostrando a cor do seu forro para non identificarse coa súa verdadeira crenza. Isto xa non dá para máis. Agardamos que este curso teña sido proveitoso. Podes seguir en contacto con Nós Diario no correo administracion@nosdiario.gal . Marchamos, que temos que marchar. FRASEOLOXÍA VISUAL 3 Aquí deixamos a ligazón coa terceira presentación sobre fraseoloxía realizada polo Servizo de Normalización da USC: Este vídeo está accesíbel desde o seguinte código QR:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=