O Concello de Pontevedra traballa co obxectivo de residuos cero, polo que as súas estratexias de xestión dos residuos van encamiñadas a facer deles un recurso municipal a través de distintos programas, dende a reciclaxe até a compostaxe.
A continuación expóñense as distintas liñas de traballo así como accións que se desenvolven para obter unha xestión excelente dos residuos municipais.
O Concello de Pontevedra dispón dun servizo de recollida de residuos voluminosos (mobles, colchóns…) personalizado.
Para empregalo é preciso chamar ao número 986 85 02 25 e notificar quen deposita os residuos e de que tipo son. Tamén se lles informa de cando se deben depositar na rúa.
UBICACIÓN:
Polígono do Campiño. Nave de Prezero
https://goo.gl/maps/ZnK9XhdLgNnHpA2w6
HORARIOS:
Martes a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
Sábados de 9:00h a 13:00h
ENTREGAS:
É obrigatoria a identificación do vehículo e da persoa que realiza a entrega, que ten que residir no municipio de Pontevedra e xustificalo co seu DNI.
O material deberá estar seleccionado, xa que non se recollen residuos mesturados en caixas a granel.
Todos os materiais teñen unha limitación de peso e volumen asimilables a un uso doméstico.
MATERIAIS ACEPTADOS:
Envases lixeitos de plásticos, latas e briks.
Botellas e envases de vidro
Cables eléctricos
Toner de impresoras
Ferralla e metálicos.
Restos de madeira.
Pequenos electrodomésticos (micro-ondas, rádios, fornos, etc.)
Refrixeradores, arcóns e acumuladores de auga.
Entullos e restos de obra
Pilas e acumuladores
Bombillas incandescentes, led e tubos fluorescentes
Radiografías
Botes de pintura e vernices
Sprais e envases de aerosois
Cintas, DVDs e cintas VHS
TV e pantallas
Aceites domésticos
Páxina web de Compostaxe
É o programa do Concello de Pontevedra para promover a compostaxe dos residuos orgánicos nos domicilios. Para que COMPOSTA chegue a todas as persoas precisamos que formes parte del. Un paso máis para seguir por diante.
Consultas sobre a lei de residuos
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de xestión de residuos, pon a disposición do cidadán un formulario de consultas ao respecto da nova Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Outros enlaces de interese
Xornadas sobre Xestión de residuos e limpeza pública
O 25 de marzo de 2021, celebrouse no Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra a xornada sobre a xestión de residuos e limpeza pública en Pontevedra.