Curso de lingua galega

SÁBADO 23 DE MAIO DE 2020 NÓS DIARIO curso de lingua 17 OMBRO CON OMBRO SER PEIXE DE RABO NA BOCA PUNTO POR PUNTO SER UÑA CON CARNE SABER DE COR TER A TIXOLA POLO RABO Ao par. De mans dadas. En equipo. Lado a lado. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'facer un traballo en compañía ou colaboración' e non: *Codo con codo. —*Estamos dispostas a traballar codo con codo con todas as persoas que quixeren preparar actividades extraescolares. —Estamos dispostas a traballar ombro con ombro con todas as persoas que quixeren preparar actividades extraescolares. É a expresión correcta para expresarmos a idea de 'ser un círculo vicioso' e non: *Ser pescadilla que morde a cola. —*Esta situación é como pescadilla que morde a cola: sen introducirmos novas premisas non conseguiremos unha solución. —Esta situación é como peixe de rabo na boca : sen introducirmos novas premisas non conseguiremos unha solución. Tintín por barín. Tintín por tintín. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'describir con todos os detalles' e non *Con pelos e sinais. —*No libro tedes, con pelos e sinais, o que tedes que aprender sobre Platón. —No libro tedes, punto por punto , o que tedes que aprender sobre Platón. Facer bo caldo. Facer boa masa. Levarse como o pan e o leite. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'levarse ben' e non *Estar a partir un piñón. —*Xulia sempre conta con Helena, coñécense desde nenas e sempre estiveron a partir un piñón —Xulia sempre conta con Helena, coñécense desde nenas e sempre foron uña con carne. Saber de corrido. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'saber de memoria' e non *Saber de carretilla. —*Só ten tres anos e sabe de carretilla unha chea de información sobre dinosauros. —Só ten tres anos e sabe de cor unha chea de información sobre dinosauros. Repara A expresión ten a súa orixe na frase "saber de corazón" (COR en latín é corazón) e ten expresións paralelas en francés: —"Je le sais par coeur" e en inglés: —"Learn by heart". Na Grecia antiga crían que o corazón era o órgano interno máis importante en que residía a intelixencia, a memoria e as emocións. Ter a vara e a besta. Ter o mango da cazola. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'ter o poder de decisión' e non *Ter a sartén polo mango. —*Podes dicir o que queiras, ao final é o director o que que ten a sartén polo mango. —Podes dicir o que queiras, ao final é o director o que ten a tixola pola rabo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=