Curso de lingua galega

TERZA FEIRA 05 DE MAIO DE 2020 NÓS D IARIO curso de lingua 15 INTRODUCIÓN ANTES DE COMEZAR A interferencia lingüística é un fenómeno moi habitual. Acontece cando as persoas falantes dunha lingua se desvían da norma propia por influencia da norma doutra lingua. Nos casos de linguas en contacto e, por tanto, nos contextos de conflito lingüístico , o habitual é que predominen as interferencias da lingua A -aquela que goza dunha posición social preeminente- na lingua B -habitualmente a lingua propia do territorio, que frecuentemente se acha nunha posición minorizada. Podemos concluír, por tanto, que a interferencia é máis unha das manifestacións do conflito lingüístico; a principal e, sen dúbida, a que afecta os usos sociais, especialmente os públicos e prestixiados. Mais as interferencias tamén teñen como consecuencia a deturpación da lingua propia e poden resultar moi negativas para a súa supervivencia. É por iso que convén atallalas. No noso caso, aínda que tamén existen interferencias do galego no castelán falado na Galiza (que, de calquera modo, non poñen en risco o estándar do español) son moitas máis as interferencias do castelán no galego que, estas si, dificultan o asentamento do estándar lingüístico e empecen mesmo o uso dunha lingua de calidade, especialmente en contextos formais. Comezamos. Como isto é un curso imos simular que isto é unha aula. Mais, antes de pormos un pé na aula, mesmo nestes tempos de confinamento e aulas virtuais, xa é probábel que escoitemos algún castelanismo: —Que *asignatura tes agora? —Eu *sociales, e ti? —Eu teño *naturales e despois *gallego. O sistema educativo, que debe servir de modelo para unha lingua de calidade, quer no ámbito escolar quer no familiar, resulta tan afectado pola interferencia lingüística do español como calquera outro ámbito da sociedade. A administración pública galega, nunha mostra máis de desleixo e desconsideración para coa lingua, non fai nada por mudar isto. Fagamos nós, persoas conscientes da situación do idioma e da nosa función formativa, o posíbel por irmos mellorando a lingua de uso. Por certo, cal é o animal que figura á cabeza desta páxina? Lección 01: Castelanismos Mellor uso, máis calidade Curso de lingua: mellor uso, máis calidade propón, en 15 leccións, un percorrido polas estruturas básicas do idioma que se achan máis presionadas pola interferencia do español co obxectivo demellorarmos os usos e proporcionar calidade á lingua. É un proxecto orixinal de Rosa Conde e Néstor Rego adaptado para Nós Diario por Xoán Costa Coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pxhere.com

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=