Banner coronavirus COVID-19

Co obxecto de contribuír á contención da pandemia do coronavirus na nosa contorna é preciso tomar a unha serie de medidas preventivas que afectan, maioritariamente, ao peche de instalacións municipais, ao cese de actividades, e ao emprego da vía telemática para as xestións administrativas.

Recomendacións psicolósicas

Ocupar a nosa atención con cuestións que nos resulten interesantes, agradables ou que distraigan o noso foco do problema.

Teremos unha maior sensación de benestar se non adicamos o tempo a ver constantemente información sobre o virus, ler whatsapps sobre o tema ou falar recurrentemente do mesmo. Recomendo pasar unha pequena corentena lonxe de información sobre o Covid-19.

Pensemos que poden ser días fantásticos para ler un bo libro, ver películas ou series que normalmente non podemos ver.

Podemos xogar cos nosos fillos como hai tempo que non facíamos, charlar con familiares ou amigos aos que non soemos adicar demasiado tempo… A idea é tratar de ser conscientes do ‘bo do malo’ desta difícil situación.

Non temos nin idea do que vai acontecer, polo tanto, é bastante inútil e xera sufrimento gratuíto pensar en hipóteses catastrofistas.

Se as ideas negativas non deixan de molestar e xeran un importante malestar, elixe un momento do día para reunirte con ellas. Escolle un sitio e faino só durante cinco minutos (ni un menos nin un máis).