Pontevedra acolle esta fin de semana a 1.700 deportistasque participan no Campionato de España de Tríatlon 

29

O alcalde de Pontevedra presentou esta mañá o Campionato de España de Tríatlon que se celebrará este sábado e domingo á beira do Lérez, na avenida de Bos Aires. Participarán arredor de 1.700 triatletas en distintas modalidades. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores dixo que na cidade « estamos encantados de que veñen a Pontevedra todos os/as triatletas ».

A liga Iberdrola e a liga nacional de Clubs de Tríatlon péchanse o 22 e 23 de xuño en Pontevedra coa disputa da sexta e sétima xornadas nos Campionatos de España de Tríatlon por Clubs e por Substitucións Mixtas, nos que participarán uns 1700 triatletas de clubs de toda España. Tamén se celebrarán durante a fin de semana as carreiras de promoción do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series, que volve recalar en Pontevedra e estará aberto ás categorías inferiores.

Os circuítos dos eventos de Tríatlon en FETRIPontevedra 2024 terán a zona principal de saída, meta e transicións na avenida de Bos Aires. Nas competicións de tríatlon por Clubs, o ciclismo terá pasos pola ponte dos Tirantes e a zona do campus universitario, coa carreira a pé na ribeira do Lérez cara ao ponte da Palabra. Nas probas de substitucións mixtas, os  circuítos presentarán o ciclismo deixando o río á esquerda, e a carreira a pé con pasos polas pontes dos Tirantes e da Illa do Covo, que tamén se percorre.

O Campionato de España de Tríatlon por Clubs comezará o sábado 22 de xuño ás 11 h. coa saída de Terceira División Feminina. Ás 12:30 h. comezará a carreira de Segunda División Feminina, e ás 14 h. a proba de Primeira División Feminina. Durante a tarde  competirán os clubs na categoría masculina, con saídas de Terceira División ás 16 h, Segunda División ás 17:30 h, e Primeira División ás 19 h. 

O domingo 23 de xuño celebraranse as competicións do Campionato de España de Tríatlon por Substitucións Mixtas, última e decisiva xornada para as clasificacións das ligas, con saída ás 9:30 h.

Ademais, a partir das 12:45 h. comezan as carreiras promocionais do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya, en formato de Acuatlón, con segmentos de natación e carreira adaptados ás idades das e os participantes, de categorías pre-benxamín, benxamín, infantil e cadete.