A Mesa de Contratación do Concello propón á construtora CIES para rehabilitar o edificio municipal de Churruchaos 

24

A oferta de CIES é de 1,2 millóns de euros e inclúe todas as melloras do prego que consisten no mobiliario, electrodomésticos e equipamento multimedia.

O proxecto está financiado polos Fondos europeos Next Generation. 

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra vén de propoñer a adxudicación á construtora CIES Obra Civil da rehabilitación do edificio municipal de Churruchaos para acondicionalo para oficinas municipais. A rehabilitación do equipamento municipal faise grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation xestionados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio de Vivenda y Agenda Urbana.

A proposta económica de CIES é de 1.274.432,50 € (a licitación era de 1.372.989,42 euros), dous anos de garantía, seis meses de execución e todas as melloras propostas no prego. Estas melloras (fóra da licitación e asumidas polo contratista) están valoradas en 82.007 euros e consisten na achega de mobiliario, electrodomésticos e multimedia, e reportaxe fotográfica do transcurso das obras.

A reforma de Churruchaos permitirá acondicionar aos últimos estándares de eficiencia enerxética e ambiental e accesibilidade as catro plantas do edificio para convertelo en oficinas municipais.

Pirep

A rehabilitación do edificio municipal faise grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation xestionados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio de Vivenda y Agenda Urbana

O ministerio xestiona do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de entidades locais (Pirep) que busca a rehabilitación do parque de edificios públicos até lograr inmobles de calidade e alta eficiencia enerxética para 2050. Ademais, persegue resolver e mellorar carencias importantes relativas a cuestións de habitabilidade como pode ser un confort acústico deficiente, unha mala calidade do aire, problemas de accesibilidade…