A oficina da Feira Franca abrirá as súas portas este venres para a recepción de solicitudes de hostalaría, mercado e xantares 

44
Está situada na rúa de Alfonso XIII, no edificio do antigo conservatorio, e permanecerá aberta entre o 14 de xuño e o 15 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas
Se ben é posíbel presentar as solicitudes de xeito presencial, tamén é posíbel facer uso dos formularios en liña na páxina https://feirafranca.pontevedra.gal/ 

A Feira Franca será un dos eventos principais e máis concorridos do final do verán pontevedrés. Coma sempre, a cidadanía poderá solicitar a instalación e ocupación das distintas mesas que se distribuirán por toda a cidade.

O proceso para presentar a documentación para hostalaría, mercado e/ou xantares e ceas estará aberto entre o 14 de xuño e o 15 de xullo do 2024, ambos os dous incluídos. É dicir, este venres abrirase a posibilidade de realizar o trámite.

A oficina da Feira Franca estará aberta na rúa de Alfonso XIII, no edificio do antigo conservatorio, en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas. As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da web nos formularios que se habilitarán na sección participa ou de xeito presencial na oficina da Feira Franca.

Para calquera dúbida tamén é posíbel remitir un correo electrónico a feirafranca@pontevedra.gal.