A 12º edición de Sete Falares, trae a Pontevedra contadores e contadoras de historias chegados de Arxentina, Portugal, Galicia, Canarias ou Castela León

147


Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó completa o programa do evento que terá lugar o 2 ou 8 de xuño

O Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos e o CITA serán os escenarios aos que se suma por primeria vez o Parador de Pontevedra – Casa do Barón

Esta mañá estará á venda en Ataquilla.com o espectáculo de clausura do sábado 8 de xuño ás 21h, que reunirá gran parte dos contadoras e contadores dos que o público poderá gozar toda a semana. O prezo é de 8€ (4€ para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65 anos)

O espectáculo inaugural xa anunciado, ‘Tres vellas na romaría” protagonizado por Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e Guti o domingo 2 ás 20h. no Principal ten boa parte das localidades vendidas

O resto das contadas serán con entrada de balde e libre ata completar cabida, a excepción das 4 quendas da Rota de Historias do día 7 que precisan retirada previa de convite na billeteira do Principal a partir das 20.30h. do propio venres.


O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentaba esta mañá a que será a 12ª edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares. “Un proxecto que funciona en PPontevedra desde 2012 – só interrompido pola pandemia – grazas a Pavís Pavós que son un luxo que temos na cidade. Sería imposible un festival deste tipo sen a súa paixón e os seus coñecementos do mundo dos narradores e narradoras. Teremos entre o 2 e o 8 de xuño unha semana cargada de contos e historias. Como novidade este ano temos 4 espazos: o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos, o CITA e o Parador de Turismo. Así que  temos que agradecer tamén a colaboración ao Parador é a Deputación. Serán setedías seguidos de narración oral que podedes consultar en https://setefalares.eu/. A outra novidade son os espectáculos de pago, a inauguración que xa presentamos a semana pasada e leva boa parte das entradas vendidas e a clausura, que estará dispoñible en Ataquilla.com ambos a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos)”

En representación de Pavís Pavós, coordinador da programación, foi Xacobe Rodríguez o encargado de debullar un completo programa para unha nova edición desta iniciativa que “estará nos lugares que comentou Demetrio e outros, xa que hai unha parte na que os grupos de xente van ir descubrindo lugares emblemáticos nos cales se contarán historias. Todas as historias que se contan en Sete Falares son contos e historias para adultos como foi sempre tracicionalmente. Todos temos na cabeza os contos arredor do lume, os contos na lareira, arredor da cociña de leña na que os máis vellos contaban historias para os adultos e as crianzas escoitaban o que podían. Para nós é moi importante esto, a recollida da tradición oral, unha sociedade que conserva a súa tradición oral, as súas historias conserva a súa memoria. As historias forman parte do que sería o noso imaxinario colectivo que é o que nos fai ter unha configuración como sociedade, como pobo.

Euskadi, Cantabria, Guadalajara, Zamora, Canarias, Brasil, Cabo Verde,  Inglaterra, Italia, Uruguay, Colombia, Camerún, Marrocos, Francia, etc. son algún dos lugares dos que levan vindo preto de 100 contadores de historias desde o ano 2012 a Pontevedra, a contar historias da súa tradición e os seus países ao Festival Sete Falares. Vemos con orgullo como independentemente do idioma e da orixe do narrador, enchemos as sesións sen ningún problema”, salientaba Xacobe.

Domingo 2 xuño

20:00 h Inauguración no Teatro Principal

Tres vellas na romaría (Celso Fernández, José Luís Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval)

Entradas 8€ en Ataquilla.com

Segunda feira 3 xuño

20:00h nas Ruínas de San Domingos  – Atenea García (Galiza)

Terza feira 4 xuño

20:00h nas Ruínas de San Domingos – Dani Blanco (Galiza)

Cuarta feira 5 xuño

 20:00h Ruínas de San Domingos – Cándido Pazó (Galiza)

Quinta feira 6 xuño

20:00h Teatro Principal 

Tres eran tres…: Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira (Portugal) e Rodolfo Castro (Arxentina))

22:00h Ruínas de San Domingos

De dous en dous: Ernesto Abad (Canarias) e Cándido Pazó (Galiza)

Sexta feira 7 xuño

 18:00h CITA – Ernesto Abad (Canarias)

21:00h, 21.20h, 21.40h, 22.00h. Rota de historias por Pontevedra: 

En 4 grupos de 50 persoas ás horas sinaladas, percorreremos puntos emblemáticos da cidade mentres escoitamos historias. Gozaremos coas historias de  Pavís Pavós, Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó

As invitacións poderán recollerse na billeteira do Teatro Principal de Pontevedra desde as 20.30 h para calquera das funcións.

Sábado 8 xuño

13,00h Parador de Turismo: Casa do Barón – Contos no Parador con Rodolfo Castro

18:00h CITA  – Os dois dos montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira

21:00h Teatro Principal – Gala de Clausura con:

Cris de Caldas, Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Rodolfo Castro, Ernesto Abad e Cándido Pazó. Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€

A continuación achegamos as procedencias dos narradores e narradoras desta edición. Podedes consultar as súas biografías no web do evento:

Arxentina: Rodolfo Castro

Canarias: Ernesto Abad

Castela León: José Luís Gutiérrez ,Guti

Galiza: Atenea García, Cándido Pazó, Celso Fernández Sanmartín, Dani Blanco, Pavís Pavós Quico Cadaval e Cris de Caldas

Portugal: Estefânia Surreira e Vítor Fernandes