O Salón do Libro festexou o seu XXV aniversario superando os 24.000 asistentes entre público escolar e familiar

12


O evento bate récord de asistencia nun  ano de especial dificultade pola situación orzamentaria do Concello

As sesións matinais de luns a venres contaron con 32 centros de ensino colaboradores con máis de 4000 alumnos/ás, máis de 17 centros de ensino e entidades visitantes

A asistencia de público familiar en horario de tarde e fin de semana acadou a cifra de 13.960, incrementándose notablemente a afluencia durante as xornadas de sábado e domingo

Por outra banda, os espectáculos celebrados no auditorio do Pazo da Cultura contaron cun total de 3954 asistentes que esgotaron as entradas en varios deles

O concelleiro fai unha valoración moi positiva das cifras, felicita a equipa de traballo e avanza que, dados os resultados, é moi posible que a vindeira edición sexa en data similares


O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez comparecía esta mañá para facer balance da que foi a edición 25 aniversario do Salón do Libro “anticipábase que ía ser unha edición complexa de executar, en primeiro lugar polas datas escollidas, moi pegadas ao inicio de ano coas dificultades de contratatación que iso entraña. Normalmente a primeiros de ano entra en vigor o orzamento pero hai que contratar máis rápido. Amais este ano había moitos colaboradoradores e moita xente participando e iso anticipaba certos problemas. Finalmente houbo que sumar que a situación orzamentaria que ten o Concello, que complicou aínda moito máis a xestión interna do Saló. Xa se pensara en introducir alguna novidade como o conteo de espectadores que ata o de agora non se facía dun xeito tan preciso, pero para avaliar como estamos funcionando consideramos que había que mellorar ese conteo. Á pregunta de canta xente pasou polo Salón do Libro,  temos un dato preciso de 24.0069 persoas. Tendo en conta as sesións escolares matinais, o  espazo aberto ao público familiar polas tardes e as mañás da fin de semana e as sesións do auditorio do Pazo da Cultura. Unha cifra moi moi elavada e positiva que procedemos a desglosar.”

4343 alumnos e alumnas de centros colaboradores, que son os que traballan o proxecto do Salón, fan traballos (infantil e primaria) e secundaria participa a través dos formato clube de lectura. 32 centros, maioritariamente de Pontevedra e parroquias estarían dentro desta consideración, e son os CEIP Vilaverde –Mourente, CEP Marcos da Portela, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño, CEIP San Martiño – Salcedo, CPR Sagrado Corazón – Pontevedra, Colexio San José, EEI O Grupo – Marín, Colexio Doroteas, CEIP Álvarez Limeses, EEI Crespo Rivas, CEIP A Xunqueira 2, CPR Los Sauces, CEE Pontevedra, CEP Campolongo, EEI Verducido, CEIP A Xunqueira 1, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Pontesampaio, CPI Toural – Vilaboa, CEIP Froebel, CEIP Manuel Cordo Boullosa – Pontecaldelas, CEIP Carballal – Marín, CPI Aurelio Marcelino Rey García – Cuntis, IES Luis Seoane, IES Xunqueira , IES Xunqueira 2 e , Sánchez Cantón, Torrente Ballester, Valle inclán e Ies de Poio. A súa participación implica asistencia de balde a contacontos, obradoiros, espectáculos, encontros con autores, festa dos clubes de lectura, etc.

Máis de 17 centros de centros non colaboradores, que astiron como visitantes e para os que os ocos son máis limitados xa que as súas demandas son atendidas a posteriori da ubicación dos centros que colaboran. Chegados de Vigo, Sanxenxo, Moaña, Pobra do Caramiñal, Salvaterra ou Redondela entre outros, podemos destacar entre eles CEIP De Ardán, Colexio Calasancio, CEP Carlos Casares, CEIP de Cedeira, IES de Chapela, CPR Eduardo Pondal, IES Faro das Lúas, CEIP A Florida, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Petelos, CEIP Pilar Maestu, CEIP Praza de Barcelos, CEIP O Progreso, Colexio San Tomé do Porriño, CEIP Santa Lucía, CIFP Básica da Xunqueira, etc.

Tamén tiveron cabida na actividade concertada do Salón alumnado universitario de Ciencias da Educación dos Campus de Santiago, Ourense e Pontevedra, entidades como Amencer –Aspace, Cruz Vermella, Secretariado Xitano, o Centro Ocupacional Méndez Núñez e Cruz Vermella.

Nas sesións familiares, durante as tardes da semana e toda a fin de semana participaron 13.960 persoas.  A maior afluencia tivo lugar o sábados e domingos sendo o domingo 10 o día con máis visitantes (un total de 2473 persoas) e a media de asistencia diaria foi de 734.

As sesisóns do auditorio do Pazo contaron cun total de 3954 asistentes. Uxía Lambona e a banda molona o primeiro sábado e Rockus Pocus o día da clausura fixeron sold out. Estamos orgullosísimos de que a clausura, con dúas entidades de Pontevedra, sobre todo o RockLab, mantendo cheo o escenario con actuacións de nenos e nenas de Pontevedra, fixese sold out contra magos de reconocido prestixio. É moi moi bonito. Tanto a Gala de Maxía como a actuación de Pedro Volta ou o Mago Teto coa Banda de Salcedo aí estiveron e prácticamentente non quedaron entradas.

“Podemos comparar estas cifras con anos anteriores de xeito relativo xa que, como vos dicía, este ano melloramos o conteo de datos e os datos que temos de outros anos son algo máis imprecisos: nas mañás a participación é prácticamente idéntica xa que disponemos dos mesmos días e quendas de actividades, polo que a variación non pode ser substancial. Tanto este ano como anos anteriores, enchimos todos este socos. Non podían vir máis colexios dos que viñeron porue están todos os espazos posibles ocupados. Sin embargo polas contas que vamos botando aumentamos da orde de 3.000 asistentes nas sesións familiares que implica un 21% de incremento e 2500 asistentes aos espectáculos, que implicarían un 63% de suba. Collede os datos entre comiñas porque repito, unha das melloras que tivo o Salón foi a mellora no conteo de datos e polo tanto os de este ano son precisos o os doutros anos non tanto”.

O concelleiro concluíu que “nun ano de máxima dificultade de xestión do Salón, de máxima complexidade, agravada pola cuestión orzamentaria coa que non  contábamos previamente, acadamos unha participación récord, elevadísima. Con estes datos enriba da mesa a valoración ten que ser positiva. Aínda non rematamos a valoración xa que estamos a realizar unha enquisa nos centros  de ensino dos que agardamos recibir unha valoración valorativa por parte do profesorado dos centros, pero podemos adiantar que as datas estiveron  moi ben escollidas polo equipo e a concelleira anterior. Eu apuntaría que para o ano que vén, deberíamos xogar con datas similares a estas. Parece que son do agrado das persoas usuarias do Salón e a elas nos debemos.  A primeira conclusión que sacamos e esa. E que as persoas que traballan no Salón fanno moi moi ben. Conseguir xestionar isto con estas dificultades e obter estes resultados, hai que romper unha lanza e darlles os parabéns. O equipo de colaboradores completos debe estar polas 350 persoas, e o equipo de xestión, sobre as 6.”