O Concello sacará a licitación a concesión de 300 nichos nos cemiterios de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio 

91
Na actualidade baleiros e dispoñíbeis 200 nichos no cemiterio de San Amaro, 36 nichos no Lourizán e 64 nichos no de Ponte Sampaio

Os cidadáns que logren a adxudicación do/s nicho/s correspondentes poderán facer uso do mesmo durante 75 anos 

O Concello de Pontevedra ten previsto sacar a licitación 300 nichos nos cemiterios de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio. A concelleira da área de Cemiterios, Anabel Gulías, vén de poñer en marcha o inicio do expediente de concecións de nichos baleiros nos nomeados camposantos.

Os municipios segundo o artigo 25.2.k) da Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local (en adiante LRBRL) posúen competencias sobre cemiterios e actividades funerarias. Ademais, no caso do Concello de Pontevedra, o cemiterio conceptuase como un servizo obrigatorio segundo o artigo 26.1.a) da LRBRL. Na mesma liña, o artigo 33 do Decreto 129/23, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia establece que «cada concello, independentemente ou asociado con outras entidades, disporá ao menos dun cemiterio con capacidade adecuada as características da poboación».

Tal e como explican desde o servizo de cemiterios, desde hai tempo, diversos cidadáns dirixírense o Concello solicitando que se oferten nichos, especialmente no cemiterio de San Amaro e Lourizán co fin de dispor dun lugar onde depositar os restos dos seus seres queridos. Da aplicación informática do servizo de cemiterios, destinada a mellora da súa xestión, se extrae que existe un número elevado de nichos que estarían dispoñibles para atender a demanda actual da veciñanza.

A ocupación en concreto de cada nicho, conceptúase como unha utilización privativa dun ben demanial, que precisa do oportuno título habilitante. Este título, dadas as súas características, terá a consideración dunha concesión administrativa demanial. Segundo se explica no expediente inicial, hai da máis de dez anos que se ofertaron as últimas concesións de nichos, polo que é «necesario» abrir un novo procedemento de licitación coa finalidade de adxudicar os nichos baleiros.

Na actualidade baleiros e dispoñibles 200 nichos no cemiterio de San Amaro, 36 nichos no Lourizán e 64 nichos no de Ponte Sampaio. 

Tal e como aparecerán nos pregos da licitación, considérase que se deben fixar criterios de adxudicación vinculados a finalidade dos cemiterios, así debe valorarse a maior idade, na medida en que canto maior é a persoa maiores son as posibilidades de telo que utilizar e por outra banda, atendendo a que se quere facilitar que todos os cidadáns de Pontevedra poidan ser titulares de concesión de nichos, tamén se valorará o menor número de nichos dos que se é titular.

A concelleria Anabel Gulías lembra que ao longo do último ano foron realizadas diversas melloras no referido ao mentemento do cemiterio de San Amaro, deixando o camposanto listo para revista, sendo esta licitación un paso máis á hora de seguir traballando nas necesidades dos cicadáns da Boa Vila.

Na práctica, o expediente inicial deberá ser aprobado pola Xunta de Goberno Local, para logo ser aceptados os pregos e abrirse un proceso de recepción de alegación dun mes, tal e como acontece con calquera proceso administrativo deste tipo. A continuación, poderase proceder coa aprobación definitiva dos pregos e a publicación do proceso de licitación no BOP, abríndose así o proceso de chegada de solicitudes. A persoa, logo de aceptar adxudicación gozará de 75 anos de concesión do seu nicho.