Volven os Cantos de Taberna para encher de cancións populares a Boa Vila  

42
O grupo Maravallada promove esta iniciativa, de carácter colectivo e musical, que se realizará o último venres de cada mes —agás marzo— en dous establecementos distintos da cidade
Como é habitual, cada mes contarase coa colaboración dunha agrupación invitada, sendo neste 2024 as seguintes: Os Firrás, Fonteliño, Malvela e Cantanascroas 

Os Cantos de Taberna volverán un ano máis á Boa Vila. A cita, de carácter mensual, converteuse ao longo dos últimos anos nun dos programas máis queridos e populares dentro da programación cultural e de ocio, por mor do seu carácter alegre, tradicional e colectivo. 

Así, e como vén sendo habitual, o último venres de cada mes —agás marzo, pola súa coincidencia con Venres Santo—, as xentes de Pontevedra poderán acudir a dous establecementos diferentes co obxectivo de cantar en compañía os clásicos populares do país. 

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, explicou que o programa se estenderá desde este mesmo venres, 26 de febreiro, até maio. O edil quixo transmitirlle o seu agradecemento á asociación Maravallada por continuar fomentando e elaborando esta iniciativa, representada este ano na presentación do programa por Manolo Espiño e Mariluz Rodríguez. «Fan un esforzo realmente por conseguir unha programación deste calibre, traendo a Pontevedra que se ocupan de recuperar ou manter vivo o espírito destas cancións que a todo mundo lle gusta cantar», indicou.

Así, este ano, as datas e os establecementos para a celebración dos cantos de taberna son as seguintes:

  • Venres, 26 de febreiro – Bar Bogotá / El Huerto del Cura (con Maravallada)
  • Venres, 23 de febreiro – A Navarra / El Milano de los Mares (con Os Firrás)
  • Venres, 22 de marzo – A Gramola / A Adega dos Avós (con Fonteliño)
  • Venres, 26 de abril – A Nasa / Barallocas (con Malvela)
  • Venres, 31 de maio – Balixas / Nasantiña (con Cantanascroas)

O horario das actuacións sempre é o mesmo para todas as datas, comezando ás 21.00 horas no primeiro establecemento, e continuado no seguinte ás 22.30 horas e até ás 00.00 horas.