O Concello recibe á asociación de veciños O Mirador co fin de seguir coñecendo e solventando a necesidades do barrio de Monte Porreiro 

44
O concelleiro Alberto Oubiña mantivo este mércores unha xuntanza nas dependencias do Concello e achegarase até o barrio ao longo da mañá do venres 

O concelleiro delegado de Monteporreiro, Alberto Oubiña, mantivo esta mañá de mércores, 17 de xaneiro, unha reunión coa Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro, a través dos seus representantes, Servando Rodríguez e Miguel Rey

Trátase da primeira xuntanza de traballo deste tipo tralo nomeamento de Alberto Oubiña como delegado neste barrio, co fin de atender as demandas e as necesidades do lugar. «Puxémono ao día de todas as actuacións que se están a realizar e que se van acometer nos vindeiros meses en Monteporreiro, mais tamén daquelas necesidades que por diversos motivos se teñen que facer no barrio», explicou o edil trala reunión.

«Falamos, por exemplo, da implantación dun grupo de mantemento urbano que estea a traballar permanentemente no barrio de Monteporreiro realizando actuacións constantes, como na contorna do centro de saúde ou preto dos centros de ensino», indicou o edil. «Tamén estivemos falando das podas que se están a acometer e doutras accións que están por vir».

Pola súa banda, o colectivo do barrio expuso as súas intencións ao respecto das actividades que queren desenvolver no seu local social, «que cada vez son máis», e que contarán co apoio do Concello. 

Este venres, o concelleiro acudirá ao barrio para comprobar as traballos acometidos e comprobar as necesidades in situ