O Concello substitúe o entarimado de madeira de acceso á igrexa de San Bartolomé 

81

A Concellaría de Servizos Urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda realizou nestes días a reparación do pavimento exterior de acceso á igrexa de San Bartolomé no centro histórico. Os traballos consisten en substituír o entarimado de madeira que fai que o acceso ao templo sexa accesible.

As pezas anteriores estaban deterioradas e supoñían un risco para viandantes e visitantes da igrexa, polo que o concelleiro ordeou a substitución cun contrato de 24.135 euros que foi adxudicado á empresa GPD. Nesta mesma mañá estaba substituíndose o entarimado.

Seguindo as instruccións do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de manter os espazos públicos en perfecto estado de uso para os veciños e veciñas de Pontevedra, o concelleiro priorizou esta actuación polas ducias de persoas que a diario pasan pola rúa e se achegan ao templo.