Xa dispoñíbel o calendario municipal para o ano 2024 na Oficina de Turismo de Pontevedra 

119
O almanaque pode ser recollido de xeito gratuíto no punto de información situado na avenida de Montero Ríos
Como novidade para o ano que está por entrar, foron incluídas as fases da lúa para cada semana  

Todo aquel que queira un calendario municipal para o ano 2024 pode recollelo a partir desde mércores, 13 de decembro, na Oficina de Turismo situada na avenida de Montero Ríos.

Como é habitual, o almanaque distribúese de balde, ficando o punto de información da área de Turismo como o espazo de recollida nesta ocasión. Como novidade, tamén se inclúen as fases da lúa para cada semana.

As imaxes incluídas no calendario pertencen a Luís Pereiro, Gustavo Santos, Juan Barcia, Joaquín Barreiro e ao Arquivo Multimedia Municipal. Amosan distintos puntos do municipio, ao tempo que se realiza unha sorte de percorrido cronolóxico ao longo dos meses e das distintas estampas, citas e elementos que Pontevedra amosa en doce meses.

Estas imaxes poden ser olladas en gran resolución a través dun código QR incluído ao final do calendario, amais de poder ser descargada unha copia dixital do mesmo.