O Concello solicita unha reunión coa Xunta para abordar o estado actual do CEIP Barcelos 

10

O Concello quere clarificar « as obras que lle corresponden a cada administración », mentres está a realizar os estudos previos dos que se extraerá a solución técnica que hai que implementar no edificio. 

O Concello de Pontevedra vén de solicitar unha reunión coa Xunta de Galicia para abordar a actual situación do CEIP Barcelos, a consecuencia da construción dun edificio lindeiro. Solicítase que a reunión sexa « preferentemente » de carácter técnico « co fin de clarificar as obras que lle corresponden a cada administración ».

O concelleiro de Educación, Demetrio Gómez lembra que a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra comparten competencias no mantemento e conservación das edificacións dos centros de ensino, por iso solicita este encontro para determinar como se van a afrontar as obras. De todos os xeitos, xa adianta que sempre existirá a colaboración máxima por parte do Concello.

Tamén recorda que as obras serán o resultado dos estudos que vén de encargar o Concello de Pontevedra sobre a situación do edificio, e que determinarán que solución técnica se adopte para o ximnasio, a parte máis afectada.

Na carta, explícase que o Concello executou « aquelas actuacións necesarias para evitar danos maiores » que consistiron en « garantir a estabilidade do edificio e reparar os danos ocasionados ».