Aberto o prazo para a solicitude dun posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos 

143

Poderán solicitalo entidades ou particulares que desexen ofrecer productos creativos ou postos de bebida e comida nas casetas da primeira planta do Mercado de Abastos.

Este mercadiño estará aberto do 27 ao 31 de decembro.

+ No programa de Nadal: Concerto de panxoliñas da Coordinadora de Corais e o Apalpador polo centro histórico.  

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promoción Económica, continúa adiante coa programación das festas de Nadal, logo do exitoso inicio do pasado martes. Nesta ocasión saca a publicación as bases para todas as persoas que queiran participar no programa Nadal no Mercado, onde aproveitando as casetas da primeira planta da Plaza de Abastos crearase un Mercadiño de Nadal creativo no que se atoparán artigos singulares vencellados á economía creativa.

As persoas interesadas poderán solicitar, ademais, a concesión dun posto de comida e bebida, tamén no primeiro andar do Mercado de Abastos.

Ao respecto dos postos no Mercadiño, as bases recollen que está dirixido a persoas particulares ou entidades que ofrezan produtos singulares e creativos. O mercadiño está pensado tanto para público adulto como infantil, e estará aberto do 27 ao 31 de decembro.

As persoas interesadas poderán cubrir e consultas as bases nesta dirección web:

A programación de Nadal para hoxe e mañá

Na programación de Nadal do Concello de Pontevedra, ofrece hoxe e mañá o Concerto de panxoliñas organizado pola Coordinadora de Corais no Teatro Principal. Ambos os dous días a sesión é de balde até completar cabida, e comeza ás 20.00 horas.

Tamén mañá, 9 de decembro, chega o Apalpador ás rúas do centro histórico. A partir das 18.00 horas haberá un pasacalles baixo o título « O Apalpador e banda do monte Furado ».

Tamén permanecerán abertos o Poboado de Nadal da Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas onde se pode atopar o mercado de artesanía e nadal e a ambientación de nadal; e o Bosque de xogos da praza de España onde está tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local. Na fin de semana e nos festivos está aberto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.