O programa (en)volve busca cómplices dos Reis Magos para que ningún cativo quede sen agasallo neste Nadal 

416

Entre as normas, hai que cubrir un formulario de inscrición e non superar os 35 euros  por agasallo. A campaña tamén anima a mercar no comercio local.

Por vez primeira, a empresa Juguettos colabora coas súas tendas de Pontevedra onde fará un 10% de desconto nos xoguetes da marca propia da empresa. 

O Concello de Pontevedra retoma nestas datas o programa (en)Volve para que ningún neno, nena ou adolescente en situación ou en risco de exclusión social quede sen o seu agasallo neste Nadal. A concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías fai un chamamento á cidadanía pontevedresa para que colabore como cómplices dos Reis Magos e esta edición de 2023 volva a ter o éxito da pasada.

Como novidade, a empresa Juguettos colabora coa campaña nas súas tendas de Pontevedra. Realizará un 10% de desconto aos cómplices que amosen a súa carta e merquen un xoguete da marca propia da empresa. 

Como en anos anteriores, para facilitar a participación no programa e axilizar o proceso, enviaranse as cartas por Whatsapp acompañadas de toda a información precisa.

Hai que ter en contra as seguintes instrucións:

  • Hai que escoller un agasallo dos tres que figuran na carta.
  • O prezo máximo do regalo para cada nena, neno ou adolescente é de 35€.
  • O agasallo pode ser dunha marca semellante á especificada na carta.
  • Unha vez mercado o agasallo, hai que entrégao na Casa Azul (Rúa Sor Lucía, nº2) nun prazo máximo de dúas semanas trala recepción da carta.
  • É importante que levar o número da carta xunto co agasallo (non é necesario que indicar o número no paquete).
  • Debarase acompañar o agasallo co ticket por se fose necesario cambialo por estar defectuoso.
  • Non se deben enviar agasallos a través de mensaxería, xa que dese xeito non se pode localizar e pode quedar sen entregar.
  • (en)Volve anima a mercar os agasallos no comercio local.
  • Para resolver calquera dúbida pódese contactar co Servizo por whatsapp no número 606987743.
  • Os cómplices deben ser conscientes do compromiso que adquiren participando na campaña, por iso no caso de ter dúbidas de participar, é mellor non inscribirse.

O formulario de inscrición está nesta dirección web:

https://forms.gle/ADW9ALsDLUjbZW1C8

Balance do Nadal de 2022

No Nadal pasado 455 persoas colaboraron coa campaña participando como cómplices dos Reis Magos e 427 nenos, nenas e adolescentes recibiron un agasallo novo na noite de Reis. Ademais, a maior parte dos agasallos mercáronse no comercio local o que supuxo uns ingresos duns 15.000 euros.