Lores, satisfeito de poder ter “unha interlocución fluída” coa asociación de veciños o Mirador de Monte Porreiro 

32

Mantivo unha reunión coa nova directiva da asociación e trasladoulles a súa alegría porque haxa unha directiva que estea “dinamizando o barrio, que fai actividades e que coñece ben as necesidades de Monte Porreiro” 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá unha reunión coa nova directiva da asociación de veciños “O Mirador” de Monte Porreiro, que se achegaron ao Concello para presentarse xa que levan soamente uns meses nestes cargos.

O alcalde trasladoulles a súa satisfacción porque haxa unha asociación “dinamizando o barrio, que fai actividades, que coñece ben as necesidades de Monte Porrreiro”, polo que se alegrou de poder ter “unha interlocución fluída coa asociación”.

Na reunión tamén estiveron presentes o concelleiro de Sostemento do espazos públicos, Xaquín Moreda, e o concelleiro de Cultura e dinamización sociocultural, Demetrio Gómez para coñecer as demandas da asociación e comezar a traballar conxuntamente. De feito, o concelleiro de parques e sostemento do espazo público, Xaquín Moreda, manterá mañá un encontro no propio barrio coa asociación para ver traballos relativos a podas e a rozas, así como a zonas verdes. Ao respecto da área de Cultura, xa se están a realizar traballos para mellorar o centro cultural,que permaneceu pechado durante moitos meses.