Un éxito o II Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota

8

O segundo Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota resultou todo un éxito.

O xurado tivo difícil a elección diante dunha achega gastronómica de “altísimo nivel”, segundo comentaban. O chef Pepe Vieira, a concelleira de Igualdade Anabel Gulías e o membro de Avante LGBT Miguel Ángel Velasco foron quen cataron, avaliaron e debateron na categoría “tradicional”, da que resultou gañadora Ana García Fernández, cunha tortilla que destacou, entre as 14 participantes, “pola textura, sabor e o punto exacto de sal”.

A categoría queer de ingredientes libres, que se inauguraba este ano, recibiu 9 propostas con ingredientes do máis variado: desde achegas veganas feitas con fariña de garavanzos en vez de ovos ata tortillas cociñadas con trufa, boletus, iuca, chourizo e mesmo espaguetes.

O xurado, formado polo chef Rubén González, Cristina Barreiro e Eva López por Avante LGBT, premiou a creación culinaria de Marián Vecino, realizada con cenoria e queixo de cabra, destacando “a textura, o sabor e o aspecto”.

As premiadas quedaron encantadas con cadanseu premio: Un xantar/cea para dúas persoas en Varela Churrasquería (o novo proxecto de Pepe Vieira para a Boa Vila) para a categoría tradicional e un xantar/cea para dúas persoas en El Cafetín. E o resto do público deu boa conta das 21 tortillas participantes entre música e vermús.