O Concello entrega sudadoiros, camisetas, gorras e mochilas ás ONG que coordinan a chegada de migrantes a Sanxenxo 

19

O Concello de Pontevedra fixo entrega esta mañá de sudadoiros, camisolas, gorras e mochilas á Caritas e á ONG Accem que coordina a chegada de migrantes da Sanxenxo. A concelleira de Benestar Social e Deportes, Anabel Gulías explicou que o Concello de Pontevedra atendeu o chamamento público das ONGs que buscaban roupa deportiva de tallas grandes para dar o primeiro servizo ás persoas acollidas.

Atendendo a petición pública, o Concello entregou arredor de 30 sudadoiros, 150 camisetas, gorras e mochilas do tríatlon a través dos voluntarios de Protección Civil Pontevedra que se achegaron até Sanxenxo a donar este material.

“Pontevedra atende este chamamento e manda estes primeiros paquetes”, explicaba Anabel Gulías “e aquí estamos para o que se precise tanto nestes primeiros momentos como para cando sexa necesario”.