A Comisión de servizos inicia o estudo da nova ordenanza de xestión dos residuos municipais 

14

O presidente da Comisión, César Mosquera explicou que existe un borrador actual sobre o que traballarán os integrantes da comisión nos vindeiros meses.

A Comisión tamén aproba por unanimidade a adhesión ao ente supramunicipal de xestión da auga aprobado pola Xunta de Goberno e que vela polos intereses do Concello de Pontevedra. 

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos analizou esta mañá o borrador da ordenanza de xestión dos residuos municipais na que “Pontevedra vai camiño de ser pioneira”. O presidente da comisión e concelleiro de Obras, César Mosquera, explicou que non existe concello grande no Estado que teña as súas normativas municipais sobre os residuos adaptadas ao marco normativo actual.

Nesta primeira comisión “comezamos co traballo da ordenanza”, indicou Mosquera, ao presentar un borrador na que pretende que a comisión vaia traballando nos vindeiros meses para adaptala ás novas normativas estatais e europeas. A tramitación desta ordenanza irá paralela á tramitación do novo contrato de xestión de residuos, e ambos acabarán confluíndo. De todos os xeitos, o concelleiro xa adiantou que “para a actuación do goberno está ben ter a ordenanza pero non sería imprescindible porque a lei actual é suficientemente clara e concreta”, por iso considera que “non hai présa na súa tramitación”.

A comisión tamén ditaminou por unanimidade o documento aprobado previamente en Xunta de Goberno de adhesión de Pontevedra ao ente supramunicipal de xestión da auga da ría de Pontevedra, así como a solicitude da captación. Este documento, ademais da adhesión, vela polos intereses do Concello de Pontevedra.

Tamén por unanimidade aprobáronse as mocións do sobre as persoas con discapacidade visual (PP), os camiños do rural (PSOE), unha moción urxente sobre melloras en Monte Porreiro (na que o PP votou en contra dunha engádeda do PSOE) ou o alumeado da cidade (PP).