Case 200 persoas participaron este domingo na camiñada do magosto de PonteAndadas por Campañó e  A Tomba 

23

O Concello de Pontevedra volveu recoller este domingo un novo éxito do programa PonteAndadas 2023, organizado polo Club de Sendeirismo Naturgaliza en colaboración coa Concellería de Deportes. As PonteAndadas é un programa deportivo e de saúde na que se fan camiñadas ao ritmo de cada quen e gozando dos lugares do concello.

Na xornada de hoxe participaron 196 persoas (había 228 inscritos) para facer unha andaina circular do magosto por Campañó e A Tomba.

O programa rematará o vindeiro 3 de decembro cunha PonteAndada de Nadal-Solidaria. Con saída ás 10.00 horas dende o CD Rías do Sur (Ponte Muíños) e terá unha duración estimada de 3.30 horas. O percorrido é circular de dificultade media-alta e rematará cunha doazón ao Banco de Alimentos.

Dende o pasado 16 de abril, as PonteAndadas 2023 achegáronse ao parque forestal da Fracha, ao Camiño de Santiago, ao Pontillón do Castro, ás parroquias de Verducido e Alba coas saídas Extrem e Mini Extrem, e unha camiñada nocturna semi urbana.

Na pasada edición de PonteAndadas participaron un total de 1.349 persoas, das que un 70% deles foron mulleres, un 27% homes e un 3% menores de idade