Os Sons de Outono enchen de jazz a praza da Peregrina dende este sábado

9

O Concello de Pontevedra e o Seminario Permanente de Jazz volven a colaborar neste outono para ofrecer unha programación a pé de rúa, no centro da cidade. É Sons de Outono, un ciclo que presentaron esta mañá o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez en compañía do director do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, Luís Carballo.

O concelleiro explicou que se trata dunha proposta que se plasmará na praza da Peregrina os sábados de novembro e tamén o primeiro do mes de decembro, na que se poderá gozar “do mellor do jazz emerxente que se pode escoitar hoxe en día en Galiza”. Aínda que se trata de músicos que se están a formar ou están a piques de comezar a súa formación oficial, “son persoas que teñen experiencia de rodaxe”.

O Seminario ofrece unha programación “asequíbel baseada no jazz estándar pero tamén noutros estilos como o blues, o soul ou a bosanova”, explicaba o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez.

A programación é a seguinte: 

  • Sábado, 11 de novembro: Red tree
  • Sábado, 18 de novembro: Triogénesis
  • Sábado, 25 de novembro: Sicixia Quartet
  • Sábado, 2 de decembro: Down Underground

Os espectáculos serán na praza da Peregrina a partir das 12.00 horas. En caso de choiva, trasládanse ao Palco da música.

Máis info: www.pontejazz.org