Concello e Galaico, aliados para traer dúas competicións galegas de natación a Ponte Muíños neste mes de novembro 

6

O Concello de Pontevedra volve colaborar co Club de natación Galaico para a organización de dous eventos deportivos que se celebrarán neste mes de novembro nas piscinas da Fundación Rías do Sur en Ponte Muíños. Trátase da Copa de España de clubs (fase territorial) e o Campionato galego de longa distancia.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías destacou que todos os clubs “atoparán no Concello un aliado para poñer o deporte no mapa”, e porque tamén supón un gran beneficio para a cidade.

Ao respecto do Campionato galego de longa distancia celebrarase o vindeiro 18 de novembro e participarán 200 deportistas. Na Copa de España de clubs que se disputará os días 24 e 25 de novembro están inscritos 14 clubs masculinos e outros tantos femininos, un avance importante ao respecto da convocatoria do ano pasado cando se inscribiron 12 clubs masculinos e 8 femininos.