O Concello permitirá a instalación da feira ambulante en Rafael Areses 

42
Está previsto que o colectivo de vendedores ambulantes monte este sábado os seus postos na rúa proposta desde o inicio polo Goberno Local 

A concelleira de Mercados, Anabel Gulías, anunciou esta mañá a decisión de recuperar a volta da feira a rúa Rafael Areses, o espazo orixinal que figura na ordenanza municipal que regula a venda ambulante na cidade, e espazo que os propios feirantes escolleron como opción posíbel á hora de seguir montando os seus postos na fin de semana.

Logo de facer un percorrido polo miúdo do acontecido coa feira ao longo dos últimos meses, e após unha xuntanza con varios representantes do colectivo da feira este martes, a concelleira explicou que «por nós non ai quedar», sinalando que se os feirantes vén como unha opción montar en Rafael Areses, o Concello recolle esta idea «que xa era a nosa primeira solución e alternativa tralo seu paso pola Alameda e o comezo das festas do verán».

«Sabemos da necesidade que teñen de montar os seus postos. Se a opción pasa por montar por Rafael Areses, así como queda recollido na ordenanza tal e como sinalamos desde o primeiro día, que así sexa, volvemos á posición iniciial e esta mesma mañá asinaremos a resolución que lles permita montar na nomeada rúa, tal e como defendeu este Goberno».