Á venda novos abonos do ciclo Domingos do Pricincipal por mor da alta demanda, que esgotou en menos dunha semana os 100 ofertados

13


En apenas 6 días foron despachados os 50 abonos de mañá e 50 abonos de tarde que o Concello puxo á venda a través de Ataquilla.com

Pese a que era posible adquirir entradas soltas para todos os espectáculos, a partir desta mañá activáronse outros 100 (50+50)

A un prezo de 19 €, dan acceso aos 7 espectáculos que terán lugar entre o domingo 15 de outubro e o 26 de novembro, o que supón un aforro de 9€ respecto a compra de entradas por espectáculo, a un prezo de 4€

Baobab Teatro (Galiza), Periferia Teatro (Murcia), La Baldufa (Catalunya), Determina da Cía (Galiza), Os Naúfragos (Galiza), Marcel Gross (Catalunya) e Titiriteros de Binéfar (Aragón) Compañías son as compañías seleccionadas por Teatro Akatro para esta edición


A alta demanda de a abonos para o ciclo de artes escénicas para cativada e público familiar, motivou a activación na mañá de hoxe de novas existencias. Nun primeiro momento lanzáronse a través da plataforma de venda en liña Ataquilla.com 50 abonos para as sesións das 12h e outros 50 para as de tarde, ás 18.30h.

En menos dunha semana o público esgotou esta cantidade e o Concello, para favorecer o aforro que supón a compra de abonos (19€ por 7 funcións) fronte á compra de entradas por espectáculo (4€ unidade),  decidiu poñer á venda outros 100 que están xa activos.

O ciclo, que contará con 7 propostas de danza, clown, teatro de actor ou títeres de compañías chegades de todo o Estado,  botará a andar o vindeiro domingo 15 de oubro con ‘Ás para Álex’ de Baobab Teatro (Galiza) e pechará o 26 de novembro co espectáculo ‘ No nos moverán’ de Titiriteros de Binéfar (Aragón)

Os Luns do Principal, que achegan 3 desas propostas a público escolar, tiveron tamén unha acollida excepcional enchendo nos 3 pases o Teatro Principal e xerando listas de agarda.