A II Jornada de Estudo do Espaço Clara Corbelhe chega este sábado ao Pazo da Cultura para crear pensamento crítico

51


“O político e os seus limites: olhadas desde a Galiza contemporânea” centrará a xornada que botará a andar ás 10 da mañá e rematará ás 19.30h.

O prazo de inscricións está xa pechado ao público e desde a organización destacan  a “boa acollida do evento que superou as súas expectativas”


 O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentaba xunto a Helena Miguélez Carballeira, representante do Espaço Clara Corbelhe e parte da organización a II Jornada de Estudo Clara Corbelhe, adicada a “O político e os seus límites: olhadas desde a Galiza contemporânea”. O evento, que pechou onte as suas inscricións con máis de 65 persoas anotadas, terá lugar o vindeiro sábado 7 de outubro no Pazo da Cultura.

Demetrio salientaba que “cando presentamos a programación para os meses de setembro a decembro, buscábamos ter unha programación variadae dinámica onde cada quen atopara o seu espazo. A  reflexión tamén é importante para nós. Non só gozar das artes ou reflexionar individualmente sobre o que a expresión artísitca pode ofrecernos senón estimular a relefixión e conectala co que o país hoxe é e o que o país precisa tanto apra hoxe como para o futuro. Iso é o que fai o Espaço Clara Corbelhe. Para nós é un orgullo que por segunda vez estean en Pontevedra con esta xornada e queremos convidar a que continúen con este traballo porque o país non o vai salvar un só, o país témolo que poñer a andar e facer que sexa mellor entre todas e todos, que iso é o que pretendemos conxuntamente.”

Miguelez quixo agradecer a súa colaboración ao Concello para poder levar a cabo a iniciativa deste colectivo que “se constituíu no 2021. Somos neste momento 16 persoas militantes no Espaço é funcionarmos como un dispositivo para a socialización e creación de pensamento crítico galego. Para isto nos valemos do produción investigadora que ten lugar no país  tanto nas instancias regradas como a Universidades como nos espazos militantes, de politización, de organización de movementos sociais. Xuntar as forzas destes colectivos. Con pensamento crítico galego referímonos a axudar a crear debates na esfera pública, na esfera intelectual galega, para dar músculo aos movementos emancipadores do país: o soberanismo, o independentismo, o feminismo, as loitas polo territorio, pola lingua, as loitas no seo do ecoloxismo, etc. Esa é a nosa intención. Levamos dous anos de actividades e traballamos en 4 liñas: unha revista monográfica anual – decidimos nós en colectivo o tema que imos tratar – e convidamos as autoras a que envíen artigos. Esta ano o tema vai ser ‘O extractivismo na Galiza’. Outra liña de acción é que cada 15 días publicamos na nosa web un artigo dixital, máis breve dos que saen na revista. Tentamos dinamizar o debate crítico na Galiza. Eses artigos dixitais recompilamos nun anuario, polo que saen en papel ao cabo do ano. En parcería con  Laiovento imos sacar unha colección de ensaio crítico galego e por último, que é o evento que presentamos aquí hoxe, cada ano organizamos unha xornada de estudo. Ese nome porque non é un congreso ao uso, por poñer o foco na idea de formación, de debate, de lectura, de presentación de palestras rigorosas con contido teórico, e este será o evento que temos este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Centrado en ‘Que é o político na Galiza contemporánea?’, a  nosa intención era pensarmos entre todas onde están as zonas de conflito hoxe en día para a sociedade galega, nas que se poida pensar a idea do político e conseguir gañarmos espazos para vías emancipadoras no país. Esá é a nosa pregunta. E para axundarnos a levar adiante esa idea contaremos con diversas participantes: o compañeiro, Borxa Colmenero, que tamén fai parte do coelctivo dará a benvida e abrirá a xornada a falar sobre “Abalarmos o político: da radicalidade de uns estudos emancipatórios galegos”. Dará paso a unha análise sobre “A Galiza no novo regime climático” a cargo de Brais Estévez Vilariño, investigador da USC. Despois haberá un panel máis de debate, para o cal nos axuda a Fundación Galiza Sempre, organizar a presenza de Albert Botran, que acaba de publicar o libro ‘Independencia e revolución’ e  falará co historiador Antom Santos arredor de “as teses autodeterministas e os limites do político no Estado espanhol”.

Na tarde Helena Martínez e Ana Cabana protagonizan un encontro sobre “olhadas da Galiza rural das perspetivas histórica e socioeconómica”, mentres Pablo García fecha o programa a realizar “unha lectura guiada d’A Soldadeira, de Luís Seoane”.

Para rematar, logo de salientar o éxito de inscricións,  Helena quixo “agradecer as diversas colaboracións e parcerías sen as que esta xornada non tería saído adiante como a Fundación Galiza Sempre, Laiovento que estará cos seus libro aí, a Libraría Paz que tamén estará presente e a revista Mazarelos que levara os seus materiais. E por último e con todo o cariño ao Concello de Pontevedra por cedernos un espazo inmellorable”.