O Concello solicita un estudo para coñecer o estado do terreoe as posibildades que ofrece o tramo urbano do río Gafos 

19
O edil César Mosquera explica que antes de poñer en marcha calquera proxecto é preciso «coñecer a viabilidade» do mesmo 

O concelleiro de Ubras urbanas, César Mosquera, ofreceu este martes, 3 de outubro, unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Comisión de Mobilidade, infraestruturas, Obras e Servizos celebrada ao longo da mañá. 

Dentro dos viersos asuntos que se trataron figurou o cambio da parada de autobús discrecional de San Roque á avenida de Uruguay ou a apertura da licitación para os proxectos asociados as Zonas de Baixas Emisións (A Santiña e control de tráficos de mobilidade).

Alén destes temas, e xa fóra da comisión, o edil quixo poñer o foco sobre outra cuestión, como son as intervencións no río Gafos no seu tramo urbano. Mosquera informou da solicitude dun estudo para comprobar o estado do terreo e das posibildiades que ofrece, co obxectivo de elaborar un proxecto partindo desta base. 

«Hai que ver como esta o terreo, hai que facer estudos de diverso tipo, ver que pode resistir, que non, e sentar unhas bases para poder facer un proxecto viábel», explicou. «Agardamos ter canto antes os datos e así coñecer a viabilidade de calquera proxecto que queiramos levar a cabo».

Mosquera explicou que a día de hoxe é descoñecido o estado da cimentación do colexio próximo ao trazado do río en Campolongo, da cementación da propia canle, dos edificios e dos rechecos que hai ao redor. «Hai que miralo todo, xa que non podemos ir a cegas. O compromiso? O compromiso que temos e facelo o mellor posíbel, tendo a vontade de destapalo, pero hai que coñecer as posibilidades e o estado».

Doutra banda, o edil explicou que se tratará de salvar os fondos europeos destinados ao proxecto de recuperación do Gafos.