A 24º edición dos Domingos do Principal achega 7 espectáculos de teatro, danza, títeres e música para gozar en familia entre o 15 de outubro e o 26 de novembro

140


Como vén sendo habitual cada espectáculo contará con pase matinal ás 12 e de tarde ás 18.30h.

Os abonos para todo o ciclo (19€) e as entradas individuais (4€) xa están á venda anticipadamente en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada sesión na billeteira do Teatro

Baobab Teatro (Galiza), Periferia Teatro (Murcia), La Baldufa (Catalunya), Determina da Cía (Galiza), Os Naúfragos (Galiza), Marcel Gross (Catalunya) e Titiriteros de Binéfar (Aragón) Compañías son as compañías seleccionadas por Teatro Akatro para esta edición

Un ano máis, este ciclo contará con versión escolar para alumnado de primaria e achegará 3 representacións os Luns do Principal co aforo xa cuberto


O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou esta mañá unha nova edición dos Domingos do Principal acompañado de Xacobe Rodríguez de Teatro Akatro, entidade encargada da selección da programación.  

Vimos presentar unha nova edición dos Domingos do Principal que volven con teatro apra todas as idades, de 0 a 99 pero con obras pensadas sobre todo para que os máis ctiviños e cativiñas da casa vaian ao teatro, pasen unha boa función, que gocen, que aprendan, que se emocionen co teatro, que é para o que o teatro serve. Os gregos dicían que para esa catarse de meterse dentro das obras. Do 15 de outubro e ata o 26 de novembro contaremos con 7 representacións que traen a Pontevedra o mellor de todo o que hai neste momento no estado, pensado para nenos e nenas. A selección podería ser outra pero dende logo esta está ao nivel do mellor festival que se poida organizar. Pases ás 12 e 18.30h e algunhas con pases os luns destinadas a centros escolares. O prezo é moi asequible de 4€por entrada e 19 por abono pero o que me gustaría descatagar é o agradecemento a Teatro Akatro polo esforzo que fai para connosco crear este programa, visionando, seleccionando as obras e permanecendo atentos todo o ano ao que está en circulación e que Pontevedra poida disfrutar destas obras. Ser concelleiro de Cultura nesta cidade é un privilexio porque se pode traballar con entidades como esta.”

Pola súa banda, Xacobe Rodríguez, logo de agradecer ao Concello “a confianza que nos da ano tras ano, permítenos facer unha proposta de programación sen ningún tipo de interferencias e basándonos nos criterios que consideramos que son os ideais para poder facer unha mostrad este tipo. Non é só seleccionar os espectáculos, ten moito máis que iso, que orientación lle imos dar, pero buscar en todos os ámbitos das artes ao vivo. No é tan simple como un… para nenos traemos títeres. Traemos títeres si, pero para nenos tramén traemos danza contemporánea, clown, teatro mudo, de actor, espectáculos que teñen un contido e tratan temas que ensinan a forma de afrontar problemas na vida e outros para divertir e emocionar. Moitos espectáculos teñen premios, non é o criterio que empregamos para facer a selección pero coincide que son seleccionados por diversos festivais como mellores espectáculos”.

Ao remate de debullar a programación, que vos deixamos a continuación, Xacobe destacou que esta edición, a 24º, contará como vén sendo habitual coa importante implicación do público (nenas, nenos e adultos) que vota ao remate de cada función e achega comentarios gazas aos que se puideron mellorar diferentes cuestión ao longo dos anos como o caso dos alzadores ou a venda anticipada en liña que xurdiron no seu momento por demandas de nenos e familias.

DOMINGO 15 DE OUTUBRO – Ás para Álex de Baobab (Galiza)

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos . amigos/as, ir ao parque…, a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e como calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e ten moitas preguntas, – porque a min?, por que non podo xogar? Por que, por que e por que?…., está tan encabuxado que deixa de mirar ao seu arredor, até que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

Teatro de actor e monicreques. Duración: 50 minutos.

Idade recomendada: a partir de 4 anos e adultos

DOMINGO 22 DE OUTUBRO –  Nube nube de Periferia teatro (Murcia)

“Nube nube”, é un xogo poético sobre a idea do amor romántico que se nos transmite dende a máis tenra infancia. Inspirado no conto da sereíña de Ándersen, en “Nube nube” facemos unha revisión, desde o humor e o amor, do que somos capaces de facer para querer e para que nos queiran.

Premio Drac D´Or ao mellor espectáculo infantil/familiar Fira Titelles de Lleida 2021

Premio xurado infantil mellor espectáculo 33 Festitíteres Alicante 2020

Premio ao mellor espectáculo de títeres e obxectos FETEN 2020

Teatro de actor e monicreques. Duración: 50 minutos.

Idade recomendada: a partir de 4 anos e adultos

DOMINGO 29 DE OUTUBRO – La fábula de la ardilla de  La Baldufa (Catalunya)

O gran Ourizo Cacho vive plácidamente, á sombra dun gran carballo, e coida aos seus, mentres goza do seu pedaciño de mundo. Mais un día, esta paz verase perturbada, pola chegada dun esquío amabel, travieso e xoguetón. A convivencia non vai ser fácil. Descubriremos un Ourizo Cacho arisco e protector, e un esquío con gañas de saber e compartir

Un espectáculo sobre a diferencia e a mestizaxe.

Premio mellor producción FETEN 2022

Premio mellor espazo escénico FETEN 2022

Espectáculo recomendado por la Red Española de Teatros

La baldufa foi Premio Nacional de Teatro para la Infancia y la Juventud 2020

Teatro de actor. Duración 50 minutos.

Idade recomendada: a partir de 6 anos e adultos

DOMINGO 5 NOVEMBRO –  Nina Ninette de Determinada Cia (Galiza)

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu lar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será que ela o consegue?…

Danza. Duración 55 minutos.

Idade recomendada: a partir de 3 anos

DOMINGO 12 NOVEMBRO – Hugo de Os naufragos (Galiza)

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista.  HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.

Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo para a Infancia.

Teatro de actor. Duración 40 minutos.

Idade recomendada: a partir de 4 anos e adultos

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO – Particular de Marcel Gross (Catalunya)

Un PARTICULAR personaxe chegou á cidade. Quen é? Por que leva eses zapatóns? E ese sombreiro? E o nariz vermello? Él está nun recuncho da praza e observa. Mezcla a sensibilidade do clown, a retranca do bufón e a comunicación do showman. Apaña a realidade e transformaa a través da risa e da imaxinación. Que podes esperar dese PARTICULAR personaxe que garda a lúa nunha caixa de cartón e que coleciona aplausos.

Espectáculo clown. Duración 55 minutos.

Idade recomendada: a partir de 3 anos e adultos

DOMINGO 26 DE NOVEMBRO. -No nos moverán de Titiriteros de Binefar (Aragón)

Un grupo de hippies marchan vivir a unha aldea abandonada onde quedaba unha habitante, Aurora. Dela aprenderon moitas cousas. Volveron abrir as casas, habitalas, recuperar a aldea… Pero un grupo de empresarios quixeron expulsalos.

Un espectáculo musical de títeres e actores con xogos e cancións da tradición oral que farán cantar a todo o público.

Premio Drac d’Or de les Autonomies en la 22ª Fira de Teatre de Titelles de Lleida.

Titiriteros de Binefar foron Premio Nacional de Teatro para la Infancia y la Juventud 2009

Teatro de actor, música e títeres. Duración 55 minutos.

Idade recomendada: Todos os públicos