O Concello de Pontevedra convoca en colaboración con Cuarto de Inverno o VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno

50


O prazo de recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de outubro de 2023

Os orixinais deberán remitirse ás oficinas do Pazo da Cultura de Pontevedra, ubicadas en Alexándre Bóveda s/n – CP 36005.

O autor/a gañadora/a recibirá unha dotación económica de 4.000€ por parte do Concello e a publicación da obra da man da editorial.

Antonio Manuel Fraga, Beatriz Maceda, Lorena Conde, Pilar Ortega e Nee Barros resultaron galardoadas nas 5 edicións anteriores.


O Concello de Pontevedra convoca o VI Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, un ano máis xunto á editorial Cuarto de Inverno. A recepción de orixinais, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar ata o 15 de outubro de 2023

Esta convocatoria que ten como fin a dinamización e fomento a lectura e a promoción do uso do idioma galego como unha actividade de interese social, permanecerá aberta un total de 30 días.

Poderá participar no VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno, calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.

Os orixinais presentaranse en formato PDF, gravados nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade de persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra facendo constar no exterior «VI Premio de literatura Xuvenil María Victoria Moreno» e o título ou lema da mesma.

As persoas interesadas poden atopar as bases de participación aquí.

Como vén sendo habitual, a obra gañadora será escollida por un xurado composto por unha representación do Concello, outra da editorial e un terceiro/a da familia de María Victoria Moreno. Será premiada coa publicación do libro e 4.000,00 € que abonará a Concello de Pontevedra, Cuarto de Inverno, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguinte cinco anos á concesión do premio.

O bestiaro científico de Anxos Nogueirosa de Antonio Manuel Fraga, Ardora de Beatriz Maceda, Velloucas e minchas de Lorena Conde, O segredo de Al´eume de Pilar Ortega e Nom estamos quebrades de Nee Barros foron os premiados en edicións anteriores e boa proba do talento que adoita concorrer a esta convocatoria.