Comeza o operativo de mobilidade da Gran final das series mundiais de tríatlon 

1513

A Policía Local recomenda á veciñanza que no caso de ter calquera dúbida se informe a través dos teléfonos 986 833 080 e 092 

Operativo de mobilidade

A Gran fina das series mundiais comeza a sentirse esta semana na mobilidade da cidade. Dende mañá, luns 18 de setembro, póñense en marcha as primeiras medidas de limitación do tráfico. 

A partir das 09:00 horas pechase ao tráfico a Avenida Bos Aires, entre ponte dos Tirantes e ponte das Palabras (urbanización Monte Porreiro). Este tramo permanecerá pechado ao tráfico até o martes, 26 de setembro, ás 23 horas cando remate a recollida completa da loxística que permitirá a celebración das probas deportivas.

Ao respecto do estacionamento, ao longo da semana iranse restrinxindo distintos puntos afectados polas probas deportivas.

  • Domingo, 17.
    • Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento en Padre Fernando Olmedo ata interseción con Antón Vilar Ponte.
    • Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento disuasorio de Xosé Malvar (preto autocarabanas)
    • Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento na Avenida Bos Aires, dende a Ponte dos Tirantes ata intersección con Dolores Trabado.
  • Luns, 18. Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento interior en Alexandre Bóveda , (zona B).
  • Mércores, 20. Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento en Ernestina Otero ata rúa da Roxa. Estacionamento disuasorio Bos Aires. 
  • Xoves, 21. Ás 23.00 horas. Prohíbese o estacionamento interior Alexandre Bóveda (completo).
  • Venres, 22.
    • A partir das 15 horas. Prohibido circular en Alexandre Bóveda 
    • A partir das 15 horas prohíbese circular por explanada Pazo (acceso por Rafael Areses).

A  complexidade do dispositivo de mobilidade obriga a facer unha restrición do estacionamento escalada. 

Todas estas zonas terán un amplo valado con indicacións de prohibido estacionar e unha lenda que advertirá a partir de que hora non se pode estacionar, polo que, os usuario destes estacionamentos, deberán prestar atención (en caso de dúbida consultar coa Policía Local no 092). 

Os vehículos que estacionen con posterioridade ao sinalado nos valados serán denuncios e trasladado o vehículo ao parque municipal do guindastre. 

A Policía Local de Pontevedra seguirá, ao longo da semana,  mantendo un servizo de información telefónico para atender as dúbidas de calquera cidadán, os teléfonos son 986 833 080 e 092.

Mobilidade entre Bos Aires e ponte dos Tirantes e ponte das Palabras.

DISPOSITIVO MOBILIDADE TRÍATLON