Concello e Club Tenis Pontevedra apostan por reunir as novas promesas do tenis no Torneo Internacional Junior U14 

29

As instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira vivirán entre o 16 e o 23 de setembro xornadas de altísima emoción grazas ao Torneo Pontevedra Internacional Junior U14, cita enmarcada dentro do circuito Tennis Europe Junior Tour.

Ao carón da Ferraría, no Paseo de Odriozola, viviuse esta mañá de xoves, 14 de setembro, a presentación desta competición que busca reunir a varios dos máis prometedores e prometedoras xogadoras desta disciplina deportiva. A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, participou no acto xunto con representantes da Federación Galega de Tenis, do Club Tenis Pontevedra, patrocinadores e outros membros da corporación municipal.

«Virán xogadores de moito nivel e de seguro que se vivirán moi bos partidos», asegurou Carlos Coira, técnico da Federación.

WhatsApp Image 2023 09 14 at 14.07.12 (1)
A tenente de alcalde, durante a súa intervención.

Pola súa banda, Vilaverde moi positivamente a realización do torneo, procurando a dinamización do deporte de base e apostado pola mocidade á hora de buscar novos talentos deportivos para o futuro.

A competición contará con 64 tenistas na súa fase previa, 32 en categoría feminina e outro tantos na masculina, procurando os 8 pases para o cadro final do torneo, que se empezará a xogar o luns 18 do mesmo xeito que a modalidade de dobres. As finais teñen previstas o seu inicio o vindeiro  sábado 23 de setembro a partir das 10.30 horas.