O EncestaRías encherá o Pavillón Municipal co mellor baloncesto  

226

O torneo celebra a súa oitava edición en Pontevedra, coa presenza do Breogán, o Obradoiro, O Unicaja Málaga e o Benfica

O torneo desenvolverase ao longo da tarde do sábado, 2 de setembro, e do domingo, 3 de setembro, a través de catro partidos distintos 

O Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra acollerá esta fin de semana o torneo de baloncesto EncestaRías. A imposibilidade loxística de poder facelo na súa sede habitual, Vilagarcía de Arousa, fai que esta festa do baloncesto pase polos aros da Boa Vila, acadando a súa oitava  edición en canchas pontevedresas.

EncestaRías achega unha mostra do mellor baloncesto masculino internacional, tal e como subliñou Diego Doval, organizado dunha cita que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra. A cita desenvolverase entre o sábado 2 de setembro e o domingo 3 de setembro, coa presencia de catro equipos de nivel indiscutíbel, como son o Breogán, o Obradoiro, o Unicaja Málaga e o Benfica.

As entradas poden ser adquiridas a través desta ligazón

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que desde o Concello nunca se tivo a máis mínima dúbida á hora de acoller este evento, promocionando o mellor baloncesto e o deporte na cidade de Pontevedra, atraendo visitantes e seareiros dos equipos galegos.