Rayden substituirá a Pimpinela no derradeiro días das Festas da Peregrina 

305
Impedimentos de saúde fan imposíbel a presencia do cantante Joaquín Galán, unha das dúas voces do dúo arxentino, no escenario pontevedrés polo que a súa actuación foi cancelada
O traballo áxil e en tempo récord dos traballadores do Concello permitiu pechar a substitución en menos de 12 horas cun artista de primeirísimo nivel 

Pimpinela non poderá subir ao escenario o vindeiro domingo 20 de agosto. Un accidente sufrido polo cantante Joaquín Galán, a voz masculina do dúo arxentino, impide a súa presencia na cidade de Pontevedra. Porén, o labor «excepcional» dos traballadores do Concello, seguindo as palabras do edil de Festas, Demetrio Gómez, permitiu atopar un substituto de primerirísimo nivel en tempo récord: o madrileño Rayden.

«Era un concerto que xerara unha expectativa moi alta na cidade», explicou o edil. «Teño que agradecerlle aos servizos técnicos e ao servizo de Festas deste Concello o seu traballo, pois en menos de 12 horas lograron achar un substituto que estará á altura á hora de pechar o escenario das Festas da Peregrina no seu último día».

Rayden atópase nestes intres facendo mergullo na súa xira de despedida, logo de anunciar o seu adeus dentro do proxecto que estivo levando ao cabo ao longo dos últimos. Gómez sinalou o esforzo que supón tamén para o artista incluír unha data máis na súa axenda con esta Marxe de tempo.

Así, o madrileño, que colaborou con Tanxugueiras e que amosou un agarimo especial por esta terra en distintas ocasións, subirá ao escenario da Praza do Concello ás 22.30 horas do domingo 20 de agosto.